Fundación Plácido Castro

A Fundación Plácido Castro é unha fundación galega constituída a iniciativa do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional e que ten coma obxectivos manter viva a memoria de Plácido Castro e fomentar a tradución de libros ao galego. Ten a súa sede no Pazo de Torrado, en Cambados.

Fundación Placido Castro
Sede da fundación
TipoFundación
Data de fundación2001
Fundador(es)IGADI, Asociación de Tradutores Galegos, Concello de Cambados, Concello de Corcubión, Concello de Vilagarcía de Arousa
Nomeado en referencia aPlácido Castro
Presidente/aXulio Ríos (-) Editar o valor em Wikidata
SedeCambados
PaísGalicia
Na rede
https://www.fundacionplacidocastro.com/
editar datos en Wikidata ]
Presentación dun libro con artigos de Plácido Castro

A fundación está integrada polo IGADI, a Asociación de Tradutores Galegos, e os concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa. A súa actividade máis destacada é a concesión anual do Premio de Tradución Plácido Castro.