Vía Nova
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 215 millas romanas (uns 330 quilómetros). No itinerario de Antonino recibía o nome de Vía XVIII.




Traxectoria Editar
A Vía atravesaría a actual provincia de Ourense seguindo unha diagonal do suroeste a nordés. É unha das vías galegas das que mellor se coñece o seu trazado. A vía tiña unha lonxitude de 215 millas romanas. Cada milla corresponde a mil pasos, preto de 1.481 metros. O gobernador da provincia Citerior naquel tempo era Illote Calpetano Rantio Quirinal Rufo Valerio Festo.[1]
Foi construída no século I d.C. por Tito Flavio Vespasiano entre os anos 79 e 80 da nosa era, e restaurada en tempos de Maximino e o seu fillo Máximo. O seu trazado vén reflectido con detalle no Itinerario de Antonino (século III). Unha das mansións (parada de postas e hospedaxe) que aparecen neste itinerario estaba situada no actual Sandiás. O seu trazado estaban sinalizadas as millas romanas por medio de miliarios ou agrupacións de miliarios. Este trazado é o que conserva o maior número de miliarios de toda Europa, 281.
Mansións viarias Editar
As etapas ou mansións do servizo de correos (Cursus publicus), desde Braga, citadas no Itinerario de Antonino, coa súa redución actual, son as seguintes:
- Bracara Augusta (Braga)
- Salaniana (Chorense, Terras de Bouro)
- Aquis Originis (Os Baños, Río Caldo, Lobios)
- Aquis Querquennis (Baños de Bande)
- Geminis (Sandiás)
- Salientibus (Baños de Molgas)
- Praesidio (O Burgo)
- Nemetobriga (Mendoia)
- Forum gigurrorum (ponte da Cigarrosa, A Rúa)
- Gemestario (O Robledo da Lastra)
- Bergido (Castro da Ventosa, Cacabelos)
- Interamnio Flavio (San Román de Bembibre)
- Asturica Augusta (Astorga)
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Rodríguez Colmenero, A., Ferrer Sierra, S. e Álvarez Asorey, R. D. (2004): Miliarios e outras inscricións viarias romanas do Noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-95415-87-9 (pdf)
Outros artigos Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vía Nova |
- ↑ García Díaz, Jesús Manuel. "A Vía Nova ou Vía XVIII". Consultado o 05/09/2022.