Maximino Tracio
Caius Iulius Verus Maximinus, nado en Tracia cara ao 173 (ou 183) e finado en Aquilea no 238 foi un emperador romano (235–238).
Nome orixinal | (la) Gaius Iulius Verus Maximinus Thrax |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 173 Tracia |
Morte | 10 de maio de 238 (64/65 anos) Aquileia, Italia |
Causa da morte | homicidio |
Emperador romano | |
20 de marzo de 235 – 1 de xuño de 238 ← Alexandre Severo – Pupieno, Balbino → | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tracia Roma Antiga |
Ocupación | político, soldado |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado |
Profesores | Titianus the Younger (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Cecília Paulina |
Fillos | Caio Júlio Vero Máximo |
Nai | Ababa |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarNaceu na beiramar do Mar Negro, na Tracia, rexión situada ao norte de Constantinopla, aproximadamente no 173 (algunhas investigacións apuntan ao 183). De orixe humilde, o seu pai Miceas era un labrego de orixe goda e a súa nai, Ababa, de orixe alana e Moesia ou Tracia.
Padecía xigantismo, e chegou a medir 2,53 m., polo que se decantou pola carreira militar, na que polas súas especiais calidades ascendeu rapidamente e chegou a dirixir o exército en tempos de Alexandre Severo. Polo seu berce pasou á historia como Maximino o Tracio e a pesar das súas humildes orixes foi o primeiro emperador que ascendeu ao trono seguindo a escala do exército. Nunca chegou a pisar Roma.
Comezou a súa carreira militar baixo o emperador Septimio Severo. Durante a campaña contra os bárbaros na Xermania de Alexandre Severo, encabezou a conspiración contra o emperador e que rematou co seu asasinato. Nomeado polas lexións do Rhin como novo emperador, axiña tivo que facerlles fronte aos pagamentos prometidos, xa que as arcas do estado estaban baleiras.
Era coñecido polo sobrenome de Hércules pola súa forza e as súas xigantescas proporcións. O seu goberno foi tiránico, caracterizándose pola súa crueldade, acabando sendo deposto polo Senado. Gran parte do seu goberno pasouno loitando contra as tribos ó longo do Rhin e do Danubio, nomeando César o seu fillo, Máximo.
A loita do Senado por prevalecer sobre o poder militar marcou o seu curto reinado. En efecto, Maximino andou a enxeira cos senadores, xa que eles pensaban que non tiñan un aliado nel, posto que unha das primeiras medidas tomadas foi a confiscación de bens dos senadores que agochaban os recadadores. Tamén as persecucións dos cristiáns que levou a cabo na Capadocia tiñan un só interese: o de recadar cartos para pagar os lexionarios. Moitos dos santos da Igrexa católica neste tempo veñen desta persecución por intereses económicos.
Maximino levou adiante a campaña militar contra as tribos xermánicas no 235, a sangue e ferro, cunha grande crueldade nos seus métodos, o que o levou a enfrontarse co Senado, que o depuxo pouco despois de que nomease césar o seu fillo Máximo.
Pero, cunha sociedade cada vez máis empobrecida, os altos impostos destinados a retribuír o exército suscitaron o levantamento en África. Alí, a sociedade civil era sólida e estaba ben vertebrada, e había poucas tropas acantonadas que manter. Os sublevados proclamaron emperador a Gordiano I, procónsul daqueles territorios no 238. Este apresurouse a unxir o seu fillo do mesmo nome Gordiano II e o Senado proclamounos emperadores. Pero, foron derrotados e mortos polo xefe da lexión aló destacada e que se mantiña fiel a Maximino.
Pero como o Senado estaba decididamente en contra de Maximino, ao saber da súa morte, nomeou augustos os senadores Balbino e Pupieno, que ao parecer se aviñeron a restaurar o poder colexial e a abolir as formas monárquicas. Ademais, a iniciativa era un intento de facer prevalecer o nomeamento senatorial sobre a proclamación dos pretorianos.
Maximino remataba a campaña na Panonia (actual Hungría) e tornaba co seu exército cara a Roma para rematar coa rebelión. Balbino permanecería en Roma, mentres Pupieno marcharía contra Maximino. Este cruzou os Alpes e asediou a cidade de Aquilea durante varios meses, ata que os propios lexionarios asasinaron a Maximino e o seu fillo, para logo rendérense despois a Pupieno. Mentres tanto en Roma, os pretorianos desprazaran a Balbino, nomeando emperador a Gordiano III, neto e fillo dos dous Gordianos anteriores.
Co nomeamento de Maximino iniciase un axitado período da historia do Imperio Romano, onde os pronunciamentos e as usurpacións foron continuas en moitas partes do Imperio, a desorde e a precariedade económica se tornaron males incurables, quizais como unha secuela por non resolver a pugna entre o poder imperial e o senatorial, o que se engadía agora á submisión do poder civil ao militar.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Alexandre Severo |
Maximino Tracio | Precede a: Gordiano I e Gordiano II |