Baños de Molgas

concello da comarca Allariz-Maceda, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°14′39.94″N 07°40′6.12″O / 42.2444278, -7.6683667

Baños de Molgas é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.623 habitantes[8] (1675 en 2014, 1970 no 2006, 2014 no 2005, 2038 no 2004, 2088 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é molgao, molgués ou molguense[9].

Baños de Molgas
Escudo de Baños de Molgas
Santuario da Nosa Señora dos Milagres 19.JPG
Santuario da Nosa Señora dos Milagres.
Situacion Baños de Molgas.PNG
Situación
Xentilicio[1]molgao/molgá
molgués/molguesa
molguense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Allariz - Maceda
Poboación1.489 hab. (2022)[2][3]
Área67,6 km²[3]
Densidade22,03 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[4]
Capital do concelloBaños de Molgas
Política (2019[5])
AlcaldeXaime Iglesias Pérez (BNG[6])
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Baños de Molgas
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes76,80%
Na rede
http://www.concellodemolgas.es/
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Censo total (habitantes) 1.623 (2017)
Menores de 15 anos 77 (4.75 %)
Entre 15 e 64 anos 809 (49.85 %)
Maiores de 65 anos 737 (45.41 %)
Evolución da poboación de Baños de Molgas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
4786 5659 5677 3647 2038 1807 1825 1774 1727 1675 1658 1648 1623 1547 1519 1493 1483
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia e patrimonioEditar

A vila de Baños de Molgas crese que foi a mansión romana Salientibus[10] do itinerario de Antonino. Daquela época realizáronse achados arqueolóxicos á beira da ponte romana e preto dela atópase o balneario cuxas augas foron moi apreciadas a principios do século XX.

A capela de Santa Eufemia de Ambía, templo medieval con ventás arcos de ferradura, está declarada monumento nacional.

No santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo celébrase unha romaría a principios de setembro.

Na estación de Baños de Molgas está o museo de Moncho Borrajo, con diverso material pertencente ao humorista.

Cruceiro e petróglifos de San Vitorio de Presqueira.

Baños de Molgas na literatura popularEditar

  • Adios Baños, adios Baños,/ adios Baños minerales;/ eu déixoche o meu diñeiro/ pero voume cos meus males [11].

Galería de imaxesEditar

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baños de Molgas

Almoite (Santa María) | Ambía (Santo Estevo) | Baños de Molgas (San Salvador) | Betán (San Martiño) | Cantoña (San Mamede) | Coucieiro (San Vicente) | Guamil (Santa María) | Lama Má (San Cibrao) | Poedo (Santa María) | Ponte Ambía (Santa María) | Presqueira (San Martiño) | Ribeira (San Pedro) | Vide (San Xoán)


Lugares de Baños de MolgasEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baños de Molgas vexa: Lugares de Baños de Molgas.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Baños de Molgas".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Baños de Molgas". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baños de Molgas. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  9. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  10. Mansiones y mutilaciones de la Vía Nova Arquivado 25 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. Refírese a uns baños minerais que existían en Baños de Molgas.

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.