Paderne de Allariz
Coordenadas: 42°16′39″N 07°44′45″O / 42.27750, -7.74583
Paderne de Allariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. En 2015 tiña 1.486 habitantes segundo o Padrón municipal (1.643 en 2003).
Paderne de Allariz | |
---|---|
![]() | |
Situación | |
Xentilicio[1] | padernés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Allariz - Maceda |
Poboación | 1.395 hab. (2022)[2][3] |
Área | 38,8 km²[3] |
Densidade | 35,95 hab./km² |
Entidades de poboación | 10 parroquias[4] |
Capital do concello | Rioseco |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Manuel Pérez Novoa (PPdeG [6][7]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 2 |
Eleccións municipais en Paderne de Allariz | |
Uso do galego[8] (2011) | |
Galegofalantes | 68,51% |
Na rede | |
http://concellodepaderne.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PoboaciónEditar
Censo total | 1.486 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 110 (7.4 %) |
Entre 15 e 64 anos | 758 (51.01 %) |
Maiores de 65 anos | 618 (41.59 %) |

Evolución da poboación de Paderne de Allariz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.785 | 3.800 | 3.275 | 2.218 | 1.630 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
Emprázase no reborde oriental da depresión de Ourense. Xeograficamente, destacamos a cadea montañosa que percorre o municipio en dirección Norte-Sur, con cimas que superan os 700 metros de altitude. Son dous os ríos que atravesan estas terras: o Gaiola e o Barbaña.
HistoriaEditar
Até 1916 recibía simplemente o nome de Paderne, pero nese ano pasou a ser chamado Paderne de Allariz para distinguilo do concello de Paderne[9].
Patrimonio histórico e artísticoEditar
- Igrexa de San Lourenzo: templo barroco onde o máis sobresaínte é a súa torre, de clara inspiración compostelá.
- Igrexa de San Salvador de Mourisco: de orixe barroca e de liñas simples. Interior dunha soa nave. Cuberta de madeira e chan de pedra. Bóveda de canón con arcos de medio punto. Posúe tribuna de madeira, excepto as columnas que sosteñen o seu peso, que son de granito. Destaca o retablo maior, do século XVII, onde se atopan importantes pezas de imaxinería como é a talla de San Salvador e imaxes de Cristo en maxestade. Nos laterais, outros pequenos retablos: o da esquerda representa á Virxe do Carme e o da dereita a San Bieito.
- Igrexa de San Salvador de Solbeira de Belmonte: igrexa barroca de fachada moi sinxela. Interior dunha soa nave con cuberta de madeira. Tribuna de madeira. A porta principal está decorada cunha moldura que a rodea, facendo uns curiosos debuxos xeométricos nas esquinas. No centro do lintel da porta hai unha cuncha de bivalvo aberta. Esta portada está flanqueada por dúas pilastras. Sobre o frontón aparece escrita a data da súa construción: 1789. Ao exterior, destaca o ciborio polo seu peculiar tellado.
- Conxunto de hórreos de Vilameá: utilizados para gardar o gran. Estrutura rectangular de madeira formada por táboas que permiten a ventilación do interior pero que ao mesmo tempo impiden a penetración da choiva. Sostido todo iso por alicerces de pedra. Teito de tella. Hoxe en día están bastante deteriorados.
- Cruceiro de Siabal: típico cruceiro galego de data indefinida. A composición radica nunha base a modo de peaña con tres banzos sobre a que descansa un fuste liso poligonal e sobre el unha cruz de pequenas proporcións. Decoración ausente en todo o conxunto.
- Peto de ánimas de Saá: aséntase sobre unha plataforma de dobre fileira; o corpo inferior, de lados cóncavos, queda separado do superior por medio dunha cornixa, sobre a que se asenta a pequena fornela sen contido na actualidade. Constitúe o remate unha cornixa que serve de base ao pedestal dunha cruz, no que se repite o xogo de liñas do corpo inferior, outorgando ao monumento un sentido harmonioso e contribuíndo á súa estilización. Unha mutilada inscrición informa sobre o seu levantamento: 1800.
FestasEditar
- San Lourenzo, en San Lourenzo, o 10 de agosto.
- Santo Antonio, na parroquia de Solbeira, o 13 de xuño.
- San Miguel, en Cantoña, o 11 e 12 de maio.
- San Pedro, en Figueiredo, o 29 de xuño.
- San Marcos de Golpellás a finais de abril.
- A Pascua en Figueiroá.
- Feira de Rioseco, en Figueiroá, o 13 de cada mes.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Paderne de Allariz.
Bandeira de Paderne de Allariz, Ourense.[10]
ParroquiasEditar
Lugares de Paderne de AllarizEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paderne de Allariz vexa: Lugares de Paderne de Allariz.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Paderne de Allariz".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccions 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xuño 2019.
- ↑ Ulloa, Fina (17 de xaneiro de 2023). "Paderne de Allariz cambia de alcalde a cuatro meses de las elecciones municipales". La Voz de Galicia. Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ Andaluz, C. (24 de xaneiro de 2023). "Manuel Pérez Novoa, nuevo alcalde de Paderne de Allariz: "Entré en el municipalismo para servir a mi pueblo"". La Voz de Galicia. Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
- ↑ Decreto 152/2004, do 1 de xullo DOG núm. 135 (14 de xullo de 2004)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paderne de Allariz |