Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo

santuario en Vide, Baños de Molgas

O Santuario de Nosa Señora dos Milagres e un templo relixioso situado no Monte Medo, en Baños de Molgas. Foi construído entre 1731 e 1768.

Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo
Santuario da Nosa Señora dos Milagres
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa
AdvocaciónVirxe María
LocalizaciónMonte Medo (Baños de Molgas)
Coordenadas42°13′57″N 7°37′44″O / 42.2325, -7.6288611111111
Culto
CultoCatólico
DioceseOurense
Arquitectura
Construción1731-1768
EstiloBarroco
editar datos en Wikidata ]

O proxecto de edificar a Vía Sacra para completar o santuario existente só se realizou parcialmente coa construción de seis capelas. Inicialmente estaba prevista a construción de catorce capelas, tendo como modelo o Santuario do Bom Jesus do Monte, en Braga (Portugal). Porén, as más condicións económicas do santuario non permitiron concluír o complexo. As estacións foron edificadas entre 1825 e 1857 baixo a administración de José Benito Conde, segundo o deseño do escultor Antonio Gómez e realizadas polo mestre Jacinto Fraga.

Descrición

editar

O recinto onde se acha o santuario atópase fechado cun muro de pedra con catro portas. Na parte externa aparecen as sete capelas do viacrucis que albergan os pasos, ou escenas da paixón en estatuas de madeira. Preto atópase o carballo da Virxe e as dúas fontes: a Fonte da Virxe e a Fonte da Cunca. Tamén na contorna atopamos un hostal, un restaurante que fora a hospedaría e a vivenda dos padres Paúles. No xardín do santuario érguense dúas estatuas: a Piedade sobre columna, resto dun antigo cruceiro derrubado en 1934, e San Xoán Gabriel Perboyre, Padre Paúl, o primeiro mártir da China, así coma restos da lanterna do vello templo tamén barroco, do século XVII.

O edificio é de fábrica de cantaría de granito, en estilo puramente barroco galego, cunha fachada impoñente e balconada, que semella un gran retablo pétreo, con sete portas e con dúas torres principais e dúas secundarias. O adro arrodea todo o edificio nunha largura de 6 metros. A fachada é similar á fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela, aínda que esta última construíuse sete anos despois ca a de Molgas.[1]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar