Monterrei
Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterreiés[8], montederrense[9] ou montederreguense.
Monterrei | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Situación | ||||
Xentilicio[1] | monterreiés/monterreiesa montederreguense | |||
Xeografía | ||||
Provincia | Provincia de Ourense | |||
Comarca | Comarca de Verín | |||
Poboación | 2.461 hab. (2022)[2][3] | |||
Área | 119,1 km²[3] | |||
Densidade | 20,66 hab./km² | |||
Entidades de poboación | 11 parroquias[4] | |||
Política (2023 [5]) | ||||
Alcalde | José Luís Suárez Martínez (PPdeG[6]) | |||
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 Outros: VDEM 3 | |||
Eleccións municipais en Monterrei | ||||
Uso do galego[7] (2011) | ||||
Galegofalantes | 79,99% | |||
Na rede | ||||
http://www.monterrei.es/ | ||||
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
O concello, situado na comarca de Verín, ten unha superficie de 119 km². Limita ao norte con Laza e Castrelo do Val, ao sur con Portugal, ao leste con Verín e ao oeste con Oímbra. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. O punto máis elevado é o Pico de Meda (1.091 m), nos montes de Meda.
Demografía editar
O concello viviu o seu maior esplendor demográfico na década de 1940. A partir dese momento comezou unha grande emigración, en tres fases: cara a América, cara a Europa, e cara ás zonas industrializadas de España. Isto levou ao concello á perda de case a metade da poboación, principalmente na década de 1960. Na actualidade Albarellos e Vilaza son as parroquias máis poboadas.
Censo Total (Habitantes) | 2.809 (2014) |
Menores de 15 anos | 155 (5.52 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.487 (52,94 %) |
Maiores de 65 anos | 1.167 (41.54 %) |

Evolución da poboación de Monterrei Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
4.233 | 5.156 | 6.108 | 5.005 | 3.187 | 3.036 | 2.973 | 2.924 | 2.875 | 2.809 | 2.758 | 2.713 | 2.655 | 2.602 | 2.529 | 2.520 | 2.501 | {{{18}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Monterrei na literatura popular editar
- De ise outro lado do río/ ouvín cantar e chorei,/ eran os estudeantes/ que ían pra Monterrei [10].
- Do outro lado do río/ ouvín cantar e chorei:/ eran os meus amoriños/ que ían pra Monterrei [11].
- Do outro lado do río/ ouviuse cantar un rei:/ era un estudiantiño/ que ía pra Monterrei [12].
- Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [13].
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Monterrei.
-
Castelo de Monterrei
-
Bandeira de Monterrei, Ourense.[14]
Parroquias editar
Lugares de Monterrei editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterrei vexa: Lugares de Monterrei.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Monterrei".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 52. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 68. No orixinal: choréi. Os xesuítas tiveron en Monterrei unha escola de moita sona desde o século XVI.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: choréi.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72)
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela seixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
- ↑ Decreto 137/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monterrei |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |