Abrir o menú principal

Luís García Mañá

policía e escritor galego

Luís Manuel García Mañá, nado en Ourense o 19 de outubro de 1950, é un policía, escritor e político galego.

Luís García Mañá
Luís García Mañá Couto Mixto.jpg
Nacemento19 de outubro de 1950
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e Polícia
Xénerosensaio, narrativa
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É licenciado en Dereito, cursou estudios de Maxisterio, Tocoloxía Forense e Antropoloxía Cultural. Foi Comisario Xefe de Policía en Madrid, Vigo e Ourense, e desde 2004 exerce a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Pedrayo, do PEN Clube de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín.

Realizou un importante labor no rescate e difusión da historia do Couto Mixto con obras como La Frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense (1988), Miño: ¿existiu unha fronteira?: apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos (1993) e Couto Mixto: unha república esquecida (2000 e 2005).

Colaborou en Boletín Auriense, Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, Eixo Atlántico, Lingua Viva, Tempo Exterior, La Voz de Galicia, La Región e Faro de Vigo. Participou coa reconstrución fisionómica de Manuel Blanco Romasanta no libro O home do unto. Manuel Blanco Romasanta (1991) e no estudio La droga en la población escolar no universitaria.

Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado polo PSOE pola provincia de Ourense e foi elixido senador.

Obra en galegoEditar

EnsaioEditar

  • Miño, ¿existiu unha fronteira? Apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos, 1993, Galaxia.
  • Couto Mixto. Unha república esquecida, 2000.

NarrativaEditar

  • O lume de Santo Antón, 1997. Traducida ao castelán en 2002.[1]
  • As plumas do moucho, 1999, Ir Indo.
  • Menino morreu, 2003, Xerais.
  • O grito do Ipiranga, 2010.
  • Por que as sombras non teñen ollos, 2015, Xerais.

Obra en castelánEditar

EnsaioEditar

  • De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense, 1986.
  • Las boticas de Vigo y el arte del oficio, 1998.

NotasEditar

  1. "El fuego de San Antonio". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 

Véxase taménEditar