Calvos de Randín
Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é calvense ou randinense[8].
Calvos de Randín | |
---|---|
![]() Casa consistorial | |
Situación | |
Xentilicio[1] | calvense randinense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Limia |
Poboación | 678 hab. (2022)[2][3] |
Área | 97,7 km²[3] |
Densidade | 6,94 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Capital do concello | Calvos |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Aquilino Valencia Salgado (PSdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 6 |
Eleccións municipais en Calvos de Randín | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 90,42% |
Na rede | |
http://www.calvosderandin.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demografía editar
Censo total | 922 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 33 (3,58 %) |
Entre 15 e 64 anos | 395 (42,84 %) |
Maiores de 65 anos | 494 (53,58 %) |

Evolución da poboación de Calvos de Randín Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
3650 | 3676 | 3429 | 2074 | 1212 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía editar
O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1400 m de altitude. O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.
É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.
Historia editar
A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do conde de Lemos.
Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.
O 22 de febreiro de 1944 tivo lugar o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.
Patrimonio editar
Os xacementos humanos máis antigos datan do megalitismo, como as mámoas de Monte Meau e Forno da Tagurra (Golpellás), Penouces e A Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso e A Mota Grande (Castelaus), Outeiro das Moas (Paradela) e As Rebouciñas (Padroso).
Da cultura castrexa son os poboados de Cidade de San Vitorio (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear), O Castro (Rubiás), Penas Altas (Calvos) e A Picoña (Randín).
A igrexa parroquial de Santiago de Calvos é do século XIX, de estilo popular. A igrexa de San Xoán de Ranín é de estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII. A igrexa de Santiago de Rubiás, sendo reconstruída no século XVIII, conserva na ábsida unha ventá románica de medio punto. A ermida do Neno Xesús é do século XVIII. A capela de Calvos é de recente construción. Hai varios petos de ánimas, en Calvos, Vilar, o Cruce de Padroso, Feás e Rubiás.
O pazo dos Tejada é dos séculos XVIII e o XIX. Ten a tipoloxía típica de pazo galego, con tres corpos conectados por unha solaina. O pazo de Randín é máis recente, se ben un dos seus corpos está actualmente destruído, tendo estrutura en L.
Dentro da arquitectura popular destacan os hórreos en Randín e Rioseco, cruceiros, fornos comúns, fontes, muíños, calzadas e pontes.
Fillo predilecto editar
Fillo adoptivo editar
- Luís García Mañá[11], o 26 de abril do 2008[12].
Calvos de Randín na literatura popular editar
- A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco [13].
- As mociñas de Padroso/ cando rapan as ovellas/ meten a la nos buratos/ para merca-las sortellas [14].
- As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ ándanlle saíndo aos homes/ ás canellas apartadas [15].
- As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ as pequenas xa pariron/ i as grandes andan preñadas [15].
- As mociñas, as de Calvos,/ gastan dous pares de medias/ pra que lle digan os homes/ que gordas teñen as pernas [15].
- As mociñas, as de Calvos,/ gastan reló de pulseira,/ en cambio as de Padroso/ gastan navalla barbeira [16].
- Desde o Outeiro ás Nogueiras/ hai unha tranca no chau;/ a Antonia caiu nela/ i o Francisco deulle a mau [17].
- Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [18].
- Enamorar, enamoreime/ alá no lugar das Ribas,/ a rapaza non me quere,/ dime que busque outra vida [19].
- No lugarciño de Ribas/ hai unha cabalaceira/ que dá moitas calabazas/ i en cabo queda solteira [20]
- O Ramonciño de Calvos/ tiña a gorriña esgazada;/ o Ramón a coser nela/ i a Carmela a esgazarlla [21].
- Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [22].
- Viva Calvos, viva Calvos,/ Viva Calvos de Randín,/ viva Calvos, viva Calvos,/ terriña donde eu nacín [23].
Goberno municipal editar
- Artigo principal: Eleccións municipais en Calvos de Randín.
En 2010 catro edís do PPdeG co apoio do ex-edil do PSdeG José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura ao alcalde Aquilino Valencia. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repita o pleno.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Calvos de Randín.
-
Igrexa de Santiago de Rubiás
-
Capela de Santo Antón, en Randín.
-
Peto de ánimas en Calvos.
-
Inscrición no peto de ánimas de Calvos.
Parroquias editar
Lugares de Calvos de Randín editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Calvos de Randín vexa: Lugares de Calvos de Randín.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Calvos de Randín".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ "Sobrado Palomares echa sus raíces en Calvos de Randín". 07/05/2023. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "Alfonso Sobrado Palomares recibiu o agradecemento dos veciños de Calvos de Randín". 07/05/2023. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "O pleno de Calvos de Randín nomea a Luis García Mañá fillo adoptivo polo seu apoio ao Couto Mixto". 30/12/2007. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "Nomeamento de Luís García Mañá como fillo adoptivo de Calvos de Randin". Galeguizar Galicia. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. No orixinal: de un. Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: lá, mercalas. Padroso é lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 69. Nogueiras é lugar da parroquia de Santiago de Calvos, no concello de Calvos de Randín; na mesma parroquia hai o lugar de Outeiro.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín (hoxe non hai tal no Nomenclátor).
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. Tampouco se identifica a que Ribas se refire.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. Pode referirise a Santiago de Calvos, parroquia de Bande, ou ó concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calvos de Randín |
Outros artigos editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |