Fundación Otero Pedrayo

fundación cultural galega

A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de carácter privado que ten como obxectivo o mantemento e promoción da memoria colectiva sobre o escritor e intelectual ourensán Ramón Otero Pedrayo, chamado "Patriarca das Letras Galegas", a través das actividades lembradoiras propias dunha fundación destas características, e da custodia da súa Casa-Museo no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro. Desde 2021 o seu presidente é Xosé Eduardo López Pereira[1].

Fundación Otero Pedrayo
Pazo Museo Otero Pedrayo.jpg
Casa-Museo Otero Pedrayo, sede da Fundación en Trasalba (Amoeiro).
Tipofundación e biblioteca especializada
Data de fundación1979
Nomeado en referencia aRamón Otero Pedrayo
Presidente/aEduardo López Pereira (2021-)
Localización
SedeCasa grande de Cima de Vila
EnderezoCasa Grande de Cimadevila
EnTrasalba
PaísGalicia
42°21′47″N 7°58′35″O / 42.363129, -7.976388Coordenadas: 42°21′47″N 7°58′35″O / 42.363129, -7.976388
Na rede
http://fundacionoteropedrayo.org/
Facebook: fundacion.ramonoteropedrayo Instagram: oteropedrayofundacion Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

OrganizaciónEditar

Ramón Otero Pedrayo, sen herdeiros directos, deixou unha manda no seu testamento pola que legaba a súa Casa Grande de Trasalba a Galicia, representada para o efecto pola Editorial Galaxia. Para cumprir a súa vontade, uns meses despois da súa morte, o 10 de abril de 1976, creouse un Padroado que axiña constituíse unha Fundación Cultural independente que foi recoñecida por Orde Ministerial do 19 de xullo de 1979 e, como Fundación de Interese galego, por orde da Xunta de Galicia.

ActividadesEditar

 
Entrada á casa.

A Fundación promove distintas actividades culturais ao longo do ano, tanto na Casa Grande de Cimadevila, como noutras localizacións. Desde lembranzas a vellos amigos, a homenaxes nos seus aniversarios. Unha das máis recoñecidas é a celebración dunha festa anual -o último domingo de xuño de cada ano- na que se entrega, ininterrompidamente dende 1983, o Premio Trasalba a senlleiros valedores da cultura galega.

PublicaciónsEditar

A Fundación edita publicacións relativas á cultura galega, tanto propias de Otero Pedrayo, como dos personaxes galardonados cada ano.

NotasEditar

  1. Elisabet Fernández (25 de abril de 2021). "Buciños recolle o Trasalba: "Grazas a don Ramón fago escultura que comunica"". La Región. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar