Patricia Arias Chachero
Patricia Arias Chachero, nada en Ponferrada o 6 de outubro de 1972, é unha profesora e filóloga galega.
Patricia Arias Chachero | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de outubro de 1972 |
Lugar de nacemento | Ponferrada |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | profesora e investigadora |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou a licenciatura de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1995 e 1998 foi bolseira da Fundación Otero Pedrayo, autor da que é especialista.[1] Foi secretaria da Fundación entre 2015 e maio de 2017. No 2020 volve ingresar na Fundación Otero Pedrayo como secretaria.
Entre 2007 e 2008 formou parte do consello de redacción de Longalingua. Revista Galega de Lingua e Sociedade, da Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2011 forma parte do consello de redacción de Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista. Ten colaborado en publicacións como Grial, A Nosa Terra, Barbantia ou a revista dixital Cómaros verdes.
É profesora de Lingua e Literatura galega no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. Con anterioridade impartiu docencia no IES de Brión e no IES As Bizocas do Grove.
ObraEditar
- Vida e obra de María Mariño (Ed. Galaxia, 2007)
- Lingua e Literatura galega. 1º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2008; con Mercedes Álvarez, Xesús Román Laiño e Antón Riveiro Coello)
- Lingua e Literatura galega. 2º de bacharelato (Ed. Galaxia, 2009; con Serafín Alonso Pazos, Mercedes Álvarez, Manuel Forcadela e María Xesús Nogueira)
- Mecas. A memoria das mulleres (Imagraf, 2009; coordinadora)
- Mecos. A memoria dos homes (Imagraf, 2010; coordinadora)
- As colareiras do Grove (Todogrove Edicións, 2010; con Antón Mascato)
- Trasalba, terra literaria. Unha viaxa a través da obra de ROP (Ed. Galaxia, 2011)
- Na casa grande de don Ramón (Ed. Galaxia, 2011; caderno de exercicios)
- Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (Ed. Galaxia, 2017; con Afonso Vázquez-Monxardín)
- Dicionario dos alcumes do Grove (Nova Galicia Edicións, 2011; con Arximiro Fernández Cabanelas, Rosabel Magdalena e Antón Mascato.
- Talasonimia do Grove (Difusora de Letras e Ideas, 2013; coordinadora)
- Aquilino Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa como poeta e incitador literario (concello de Vilagarcía de Arousa, 2017; con epílogo de Xesús Alonso Montero)
EditoraEditar
- María Mariño. Antoloxía poética (Galaxia, 2007)
- Eça de Queirós: O Mandarim (Candeia Editora, 2008; xunto a Xosé Manuel Sarille)
- Ramón Otero Pedrayo: Cartas á nai (1905-1950) (Galaxia, 2007; xunto a Mónica Pazos Martínez)
- Ramón Otero Pedrayo: Cartas á nai (1951-1956) (Galaxia, 2007; xunto a Mónica Pazos Martínez)
- Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su epistolario con Otero Pedrayo (Deputación de Ourense, 2015; con Afonso Vázquez Monxardín)
PremiosEditar
Primeiro premio do Certame Literario-pedagóxico sobre a poesía de Lorenzo Varela, convocado polo Concello de Monterroso (2017).[2]
NotasEditar
- ↑ Salgado, Daniel (26/7/2007). "La intrahistoria de Otero Pedrayo". El País (en castelán).
- ↑ "Resultado do Certame Lorenzo Varela", na páxina web do Instituto de Estudos Ulloáns.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patricia Arias Chachero |