Xosé Eduardo López Pereira

filólogo galego

Xosé Eduardo López Pereira, nado en 1954 en Trasalba, Ourense, é un catedrático de Filoloxía Latina.

Xosé Eduardo López Pereira
Nacemento1954
 Trasalba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Bolseiro do Deutscher Akademister Austauchsdienst na Academia de Baviera, adicándose aos textos latinos medievais. É catedrático da Universidade da Coruña. Especializouse na cultura da Gallaecia romana e no Reino Suevo de Galicia, así como en persoeiros da Historia de Galicia como Prisciliano, Exeria, Paulo Orosio, Hidacio ou San Martiño Dumiense. Foi director xeral de ordenación universitaria durante o mandato de Manuel Fraga Iribarne. Dirixiu o equipo de investigación Corpus documentale latinum Gallaeciae que recolle e analiza tódolos documentos galegos dende o ano 850 a 1250.

En 1994 obtivo o Premio Xesús Taboada Chivite.

ObrasEditar

EnsaioEditar

  • O primeiro espertar cultural de Galicia (1989, Universidade de Santiago).
  • Exeria (1991, Xerais).
  • Guía do peregrino. Códice Calixtino (1993).
  • Cultura, relixión e superstición na Galicia Sueva (1996).