Alfredo García Rodríguez

político galego

Alfredo Laudelino García Rodríguez[1], nado en 1953 en Oblanca de Luna (Sena de Luna, na provincia de León), é un político leonés do PSdeG-PSOE.

Alfredo García Rodríguez
Alfredo García Rodríguez 2017.jpg
Nacemento1953
 Oblanca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e catedrático de ensino secundario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É profesor.[2]. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía do Barco de Valdeorras e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno, sucedendo a Julio Gurriarán Canalejas[3]. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. É deputado provincial na Deputación de Ourense.

Ademais, en novembro de 2015 foi elixido como presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, co apoio do BNG.

Vida persoalEditar

É viúvo e ten dous fillos.


Predecesor:
Julio Gurriarán Canalejas
  
Alcalde do Barco de Valdeorras
 
1999 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Xosé Manuel Rey
 Presidente da Fegamp 
2015 - 2019
Sucesor:
Alberto Varela Paz

NotasEditar

  1. Listaxe de alcaldes de Ourense Arquivado 30 de setembro de 2010 en Wayback Machine..
  2. Regidores en la provincia de Ourense Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, sen data. (en castelán)
  3. Procesos electorales en Ourense Arquivado 22 de maio de 2009 en Wayback Machine.. www.ourensedixital.com, sen data. (en castelán)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar