Rafael Rodríguez Villarino
Rafael Rodríguez Villarino, nado en Ourense o 16 de xuño de 1965, é un psicólogo, profesor e político galego do PSdeG-PSOE. En 2019 presentouse como candidato á alcaldía de Ourense.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1965 (59 anos) Ourense, España |
Alcalde de Amoeiro | |
2007 – 2019 – José Luis González López → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Amoeiro |
Ocupación | político, psicólogo, escritor |
Empregador | Universidad Nacional de Educación a Distancia Universidade de Vigo |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Traxectoria
editarProfesor da UNED e profesor asociado da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.
Foi elixido alcalde de Amoeiro polo PSdeG-PSOE logo das eleccións municipais de 2007, gobernando co apoio do único concelleiro do Bloque Nacionalista Galego.[1] Revalidou o seu cargo tras acadar a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2011 e nas de 2015.
En decembro de 2017 foi elixido secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense[2], accedendo formalmente ó cargo tralo Congreso de xaneiro de 2018.
Trala renuncia de José Ángel Vázquez Barquero, liderou a lista do seu partido ao concello de Ourense nas eleccións municipais de 2019, polo que renunciou á alcaldía de Amoeiro o 15 de abril de 2019 e foi sucedido por José Luis González López.[3][4]
En Ourense gañou as eleccións, ó obter 9 dos 27 concelleiros, pero finalmente non puido asumi-la alcaldía tras un pacto entre Democracia Ourensana e o PPdeG, que elixiu alcalde a Gonzalo Pérez Jácome. Tamén foi elixido deputado provincial e candidato á presidencia da Deputación, se ben José Manuel Baltar mantivo a presidencia grazas ó apoio de Democracia Ourensana, a cambio isto da elección de Jácome como alcalde. Desta forma situouse como voceiro socialista no concello e na deputación, mantendo sonadas discrepancias con Jácome, ó igual que este as mantiña cos demais membros da oposición. En outubro de 2020 presentou unha moción de censura contra o alcalde ourensán, tras ser acusado este de corrupción por parte de compañeiros e edís do seu partido, chegando o PPdeG a abandonalo o goberno. Porén, os populares, imprescindibles para saca-la moción adiante, dixeron que non apoiarían a moción se Villarino era o candidato á alcaldía. En abril de 2021 Villarino renunciou á alcaldía en favor da súa número 2, mais nesta ocasión os populares pediron a marcha de Villarino da política e a renuncia de tódolos seus cargos públicos, ante o cal se negou. En xuño de 2021 o PPdeG regresou ó goberno de Jácome, o cal estivera gobernando os meses anteriores con tan só outros dous concelleiros máis. En xullo de 2022 Jácome expulsou os concelleiros populares do goberno.
No marco da renovación das estruturas territoriais do PSdeG concorreu de novo ás primarias provinciais en xaneiro de 2022, sendo reelixido secretario xeral do partido na provincia fronte ó alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García Rodríguez. Pese a haber manifestado a súa disposición a concorrer ás primarias para a candidatura á alcaldía, ao igual que a Secretaria Xeral e vicevoceira Natalia González Beneitez, a Executiva galega decidiu suspende-las primarias en novembro de 2022 e nomear ao exalcalde Francisco Rodríguez Fernández como novo candidato, ante o cal renunciou como voceiro socialista no concello, centrándose a partir de entón nas súas labores como secretario provincial.
Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do PSdeG en San Cibrao das Viñas, perdendo amplamente fronte ó PPdeG tras lograr tan só 2 concelleiros fronte a 11.
Nas Eleccións Xerais de 2023 foi elixido senador pola provincia de Ourense.
Obras
editar- Los problemas de la bebida: un sistema de tratamiento paso a paso. Ediciones Pirámide, 1997.
- Adicción a la compra. Analisis, evaluacion y tratamiento.. Ediciones Pirámide, 2001.
- Consumismo. Nova Galicia Edicións, Vigo, 2006.
Notas
editar- ↑ "Rafael Rodríguez Villarino: ’Amoeiro carece de casi todo’". La Región (en castelán). 16 de xullo de 2007.
- ↑ "Rafael Villarino, nuevo secretario provincial del PSOE en Ourense". Faro de Vigo, 30 de decembro de 2017
- ↑ "La dimisión de Villarino como alcalde de Amoeiro se hará efectiva el próximo lunes". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de abril de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2021.
- ↑ "Concellos". www.fegamp.gal. Consultado o 4 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Eleccións municipais en Amoeiro
- Eleccións municipais en Ourense
- Lista de senadores galegos desde a Transición
Predecesor: Manuel Fernández Rincón |
Alcalde de Amoeiro 2007 - 2019 |
Sucesor: José Luis González López |