Nova Galicia Edicións
Nova Galicia Edicións é unha editorial galega fundada en Vigo no ano 1984. O seu director é Carlos del Pulgar.[1]
Nova Galicia Edicións | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | editorial ![]() | |||
Personalidades | ||||
Director/a | Carlos del Pulgar (-) ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 1984 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Enderezo | Avenida de Ricardo Mella 143, Nave 3 ![]() | |||
Sede | Vigo ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | novagalicia.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarNaceu co obxectivo de recuperar documentos históricos para a súa edición facsimilar como poden ser A Nosa Terra (1916), Galeuzca, A Fouce e outras, e de promover a arte e, en xeral, a cultura galegas, tanto dentro do país como alén das súas fronteiras.
En 1997 comezou os proxectos "Artistas Pintores", "Artistas Arquitectos" e "Artistas Escultores", un gran corpus plástico de Galicia,[2] que leva publicados 30 volumes (de 416 páxinas cada un) dedicados aos artistas galegos máis importantes de todos os tempos (máis de 500 en total).
Tamén edita catálogos de exposicións e monografías de grandes artistas, o que a levou a gañar no ano 2004 o "Premio ao Libro Mellor Editado" na categoría de Arte, do Ministerio de Cultura, pola obra Quessada. Arte e liberdade.[3]
No ano 2003 iniciou a súa primeira incursión no mundo do libro infantil e xuvenil, non só de narrativa e libros ilustrados, senón tamén de libros didácticos.
Notas
editar- ↑ Del Pulgar Sabín, Carlos Alberto, en: VV. AA. (2002): Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S.A. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Pablos, Francisco. "Gran corpus plástico de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Un traballo de Quessada preséntase nunha edición de luxo ABC. Ed. Galicia, 03/08/2005.