Gonzalo Pérez Jácome

empresario e político galego

Gonzalo Pérez Jácome, nado en Ourense o 2 de agosto de 1969, é un empresario e político galego, líder de Democracia Ourensana e alcalde de Ourense dende o 15 de xuño de 2019.

Gonzalo Pérez Jácome
Nome completoGonzalo Pérez Jácome
Nacemento2 de agosto de 1969
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e empresario
Na rede
Facebook: gonzaloperezjacomedemocraciaourensana Twitter: gonzalojacome Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É fillo de Rosa Jácome Bertólez e de José Luis Pérez, fundadores de Jolper música.[1]

Estudou son en Nova York[2] e traballou no negocio familiar de venda de instrumentos musicais. En 2002 participou na clásica suba ao Empire State.[3]

Foi un dos fundadores de Democracia Ourensana en 2001 e liderou a candidatura do partido na cidade Ourense nas eleccións municipais de 2003 e 2007 sen chegar a lograr representación. En 2010 fundou a canle de televisión Auria TV, que puxo ao servizo do seu partido, e en 2011 entrou na corporación municipal ao lograr a súa forza dous concelleiros. Nas eleccións 2015 repetiu a acta, xunto con outros sete membros do partido, e entrou a formar parte da Deputación de Ourense como deputado.

Alcalde editar

O 15 de xuño de 2019 foi investido alcalde de Ourense cos apoios do PPdeG, partido que criticara durante a campaña moi duramente.[4][5] En troques, Democracia Ourensana apoiou a José Manuel Baltar como presidente da Deputación de Ourense. O seu partido non se presentou ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 e Jácome declarou que votaría ao PP nelas[6].

En agosto de 2020 foi acusado de corrupción por parte dos seus compañeiros de partido (entre eles 5 dos 7 edís de DO), ante o cal o PPdeG abandonou o goberno local. En outubro o PSdeG presentou unha moción de censura que precisaba do apoio dos edís populares para saír adiante. Estes rexeitaron a candidatura do socialista Rafael Rodríguez Villarino e pediron o abandono de tódolos seus cargos públicos para poder apoiar unha moción socialista[7]. Desta forma Jácome gobernou con tan só 3 concelleiros de 27 (el e outros 2 compañeiros, grazas á dimisión dun dos edís críticos). En xuño de 2021 o PPdeG reincorporouse ó goberno local ata que en xullo de 2022 foi expulsado polo alcalde, que continuou gobernando nunha precaria minoría.

Nas municipais de 2023 logrou a vitoria con 10 concelleiros. Desta forma, foi reelixido ó sela lista máis votada, tras acadar un acordo co PPdeG que supoñía a abstención dos seus concelleiros na sesión de investidura a cambio de que Democracia Ourensana facilitase o control da Deputación de Ourense novamente aos populares.

Polémicas editar

Varios antigos concelleiros de DO acusaron o alcalde de cobrar case 300 mil euros en 2020 a través de pagamentos do concello á súa televisión privada, AuriaTV.[8] A fiscalía acusou a Jácome de malversación.[9]

En 2021, pechou a Universidade Popular de Ourense, unha institución popular única en Europa que levaba máis de 111 anos impartindo cursos.[10] Na UPO impartiron clases persoeiros como Otero Pedrayo e Vicente Risco, entre outros.[11] Nese ano tamén pechou o museo municipal e mudou o nome da concellería de Cultura por concellería de Artes e Festexos.[12] Por estas actuacións foi acusado de gobernar en contra da cultura popular.[13][14]

Durante a carreira do San Martiño de 2021, foi gravado insultando a parella do atleta Nuno Costa, segundo clasificado. Tras ser preguntado polo incidente en sede municipal non considerou preciso desculparse.[15]

En decembro do 2021, durante unha folga do servizo de limpeza do concello, Jácome ameazou os traballadores con "solicitar a intervención do exército" se prolongaren a folga.[16]

No 2021, tras o equipo de sanitarios recibir a Medalla Galicia polo seu labor durante a pandemia por coronavirus, Jácome cuestionou esa entrega xa que, segundo o alcalde "pór unha vacina non require dunha pericia particular". O alcalde engadiu que "(os enfermeiros) só pican a agulla no brazo" e que "ademais cobran horas extra". Este desprezo foi considerado un insulto pola meirande parte do colexio de enfermaría de Galiza e de España,[17][18] que pediron unha rectificación do alcalde. Jácome insistiu en que os sanitarios "simplemente poñen a inxección, cando ese é o seu traballo e xa está remunerado".

En 2022, foi gravado empurrando unha sindicalista durante unha mobilización de protesta diante da casa do concello.[19]

Notas editar

  1. Región, La (2019-10-30). "Fallece Rosa Jácome, madre de Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense". La Región (en castelán). Consultado o 2021-12-27. 
  2. "Los nacionalistas, frente a la propuesta de DO". Faro de Vigo. 21 de abril de 2015. 
  3. "El orensano Gonzalo Pérez realiza un tiempo discreto". As. 5 de febreiro de 2002. 
  4. Lombao, David (15-6-2019). "Jácome chega á alcaldía de Ourense da man de Baltar tras prometer botalo por "psicópata"". praza.gal. Consultado o 15-6-2019. 
  5. "Pérez Jácome, empresario, 'estrella' televisiva y ahora alcalde de Ourense". La Vanguardia (en castelán). 2019-06-15. Consultado o 2021-12-27. 
  6. Región, La (2020-02-11). "Jácome: "Voy a votar a Alberto Núñez Feijóo"". La Región (en castelán). Consultado o 2022-05-11. 
  7. Press, Europa (2021-04-20). "Feijóo ve al PP "dispuesto a hablar" con el PSOE en Ourense si Villarino se aparta "en serio" ante una moción de censura". www.europapress.es. Consultado o 2022-05-11. 
  8. Región, La (2021-11-17). "Ex DO: “Jácome ingresó en un año 260.000 euros por su tele”". La Región (en castelán). Consultado o 2022-05-03. 
  9. Región, La (2021-10-26). "La Fiscalía de Ourense acorrala a Jácome por un delito de malversación de fondos públicos". La Región (en castelán). Consultado o 2022-05-03. 
  10. Región, La (2021-12-17). "Jácome cierra 111 años de Universidad Popular". La Región (en castelán). Consultado o 2022-05-11. 
  11. "Despedida definitiva da Universidade Popular de Ourense: "Seguimos emitindo un SOS Ourense"". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-12-27. 
  12. "Jácome sustituye la Concellería de Cultura por la de Artes e Festexos". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-12-27. Consultado o 2021-12-27. 
  13. Región, La (2021-12-27). "Jácome borra la palabra cultura de la concejalía". La Región (en castelán). Consultado o 2022-05-11. 
  14. "El pintor Alexandro, sobre el alcalde de Ourense: «Odia la cultura. Es un animalito»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-01. Consultado o 2022-05-11. 
  15. Región, La (2021-11-16). "Jácome, tras llamar "gilipollas" a la pareja de Nuno Costa en la San Martiño: "La que empezó el juego sucio es ella"". La Región (en castelán). Consultado o 2022-05-03. 
  16. Región, La (2021-12-08). "Jácome, dispuesto a pedir la intervención del Ejército si se prolonga la huelga de limpieza". La Región (en castelán). Consultado o 2022-05-03. 
  17. "La enfermería, indignada por el "menosprecio" de Jácome". Colegio de Enfermeria de Ourense (en castelán). Consultado o 2022-05-03. 
  18. "El Consejo General de Enfermería de España acusa a Jácome de menospreciar su profesión". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-27. Consultado o 2022-05-03. 
  19. Diario, Nós (2022-05-03). "[VÍDEO] O alcalde de Ourense agride unha sindicalista no comezo da folga de transporte". Nós Diario. Consultado o 2022-05-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Xesús Vázquez Abad
  
Alcalde de Ourense
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo