Xesús Vázquez Abad

político galego

Xesús Vázquez Abad, nado en Nürnberg (Alemaña) o 22 de setembro de 1967, é un político galego pertencente ao PPdeG.

Xesús Vázquez Abad
Xesús Vázquez Abad

2 de decembro de 2012 – 9 de febreiro de 2015
Presidente Alberto Núñez Feijóo
Precedido por Laura Sánchez Piñón e Roberto Varela
Sucedido por Román Rodríguez González

Datos persoais
Nacemento Nürnberg, Alemaña
Partido Partido Popular de Galicia
Outras afiliacións políticas Partido Popular de Galicia
Profesión Profesor

TraxectoriaEditar

Doutorouse en Ciencias Económicas e foi decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. A nivel político, foi voceiro dos PPdeG de Universidades e deputado deste mesmo partido no Congreso dos Deputados. En abril de 2009 foi designado por Alberto Núñez Feijóo, para ocuparse da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, entrando a formar parte do novo goberno popular da Xunta de Galicia.

En 2012 asumiu tamén parte das funcións da consellería de Cultura e Turismo. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

No ano 2013 e nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto.

En febreiro de 2015 cesou como conselleiro da Xunta para optar ás eleccións municipais por Ourense. Foi elixido alcalde de Ourense como candidato da lista máis votada. Mantívose como alcalde ata 2019. Nas municipais de 2019 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro. Foi nomeado senador no Senado de España por designación autonómica do Parlamento de Galicia. En setembro de 2021 dimitiu como concelleiro e senador e anunciou o seu abandono da política.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Laura Sánchez Piñón
Roberto Varela
  
Conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria
 
2009 - 2015
Sucesor:
Román Rodríguez González
Predecesor:
Agustín Fernández Gallego
  
Alcalde de Ourense
 
2015 - 2019
Sucesor:
Gonzalo Pérez Jácome