Román Rodríguez González

xeógrafo e político galego

Román Rodríguez González, nado no Vento (Lalín) o 16 de novembro de 1968, é un xeógrafo e político galego do PPdeG.

Román Rodríguez González
Nacemento16 de novembro de 1968
Lugar de nacementoO Vento
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e xeógrafo
Na rede
Dialnet: 108898
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1991) e doutor en Xeografía (1996). Foi profesor na Universidade de León e despois titular do Departamento de Xeografía da USC. No ano 2000 foi recoñecido co Premio da Crítica Galicia na modalidade de investigación polo seu estudo De aldeas a cidades.

Principiou a carreira política como concelleiro en Lalín dende as eleccións municipais de 1999, con responsabilidades en cultura, medio ambiente, urbanismo e desenvolvemento, ata 2015. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia por primeira vez en 2009, e foi voceiro de Educación e de Urbanismo e Ordenación do Territorio do grupo do Partido Popular de Galicia.

En febreiro de 2015 foi designado Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria[1]. Volveu ser elixido deputado nas autonómicas de 2016 aínda que pouco logo renunciou ao escano canda outros catro conselleiros para se dedicaren en exclusiva ás responsabilidades de goberno[2]. Mediada a lexislatura, as competencias de Educación e Universidade foron asumidas por Carmen Pomar, en canto que Rodríguez seguiu a cargo de Cultura e Turismo cunha consellaría de seu.

Após as eleccións de 2020 volveu ao goberno da Xunta coas competencias reagrupadas agás Turismo, que pasou a depender do vicepresidente Alfonso Rueda. En setembro de 2021 volveu deixar o escano a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros[3].

Vida persoal Editar

É fillo de Xosé Manuel Rodríguez e Esther González. Está casado con María Begoña Mosteiro Blanco (directora do Instituto da Xuventude de Galicia) e ten dous fillos, Román e Xosé Manuel Rodríguez Mosteiro.

Obras Editar

  • Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento : 1960-1990, 1995.
  • La urbanización del espacio rural en Galicia, 1997.
  • De aldeas a cidades, 1999.
  • A Estrada : xente e paisaxe, 2003.
  • Xeografía, entre cultura e profesión territorial, 2004.
  • Reformar la administración territorial : municipios eficientes y viables, 2009.


Predecesor:
Xesús Vázquez Abad
  
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
 
2015 - 2018
Sucesor:
Carmen Pomar Tojo
Predecesor:
  
Conselleiro de Cultura e Turismo
 
2018 - 2020
Sucesor:
Predecesor:
  
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
 
dende 2020
Sucesor:

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar