José López Campos

político galego
(Redirección desde «José Carlos López Campos»)

José Carlos López Campos, nado na Estrada o 22 de marzo de 1974, é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJosé López Campos
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Conselleiro da Xunta de Galicia
2024 –
Alcalde da Estrada
2011 – 2024 – Gonzalo Louzao → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou os seus estudos en Ciencias Empresariais en Santiago de Compostela. Foi director dunha oficina bancaria de Caixabank na Estrada. En 2003 foi elixido concelleiro na Estrada polo PPdeG, ocupando o cargo de concelleiro de Industria e Comercio e tenente de Alcalde na lexislatura 2003-2007. En 2007 volveu repetir como repetir como concelleiro pero pasou á oposición trala vitoria do PSdeG-PSOE, sendo o portavoz do grupo municipal trala renuncia do que fora candidato á alcaldía poucos meses despois das eleccións.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 foi elixido deputado. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG na Estrada e foi elixido alcalde ao obter a lista do PPdeG a maioría absoluta, ante o cal renunciou como deputado autonómico. Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, a cal revalidou e ampliou nas seguintes eleccións de 2019 e 2023.[1] Tralas dúas últimas convocatorias electorais volveu ocupar un escano na Deputación de Pontevedra.[2]

En abril de 2024 foi nomeado Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, abandonando os seus anteriores cargos.[3]

Vida persoal editar

Reside en Cañoteira. Está casado con Beatriz Pedreira e ten dous fillos: Sergio e Yago.

Notas editar

  1. García, Rocío (17 de xuño de 2023). "José López promete trabajo "abnegado" para convertir A Estrada en referente gallego". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024. 
  2. Docampo, Lois (19 de xuño de 2023). "El PP designa a José López Campos como diputado provincial por el Partido Judicial de A Estrada". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024. 
  3. Penide, L. (19 de abril de 2024). "La designación de José López como conselleiro obliga a reestructurar la Diputación de Pontevedra". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Román Rodríguez
  
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
 
2024 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
José Antonio Dono
  
Alcalde da Estrada
 
2011 - 2024
Sucesor:
Gonzalo Louzao Dono