Natalia González Beneitez

política galega

Natalia González Beneitez, nada en Viana do Bolo en 1982, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaNatalia González Beneitez
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Viana do Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro
Assessora política (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , mestra Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diplomada en Maxisterio de Inglés pola Universidade de Vigo. Foi secretaria da alcaldía de Ourense de 2007 a 2015, así como asesora do grupo municipal socialista de 2015 a 2019. Nas eleccións municipais de 2019 foi a número 2 da lista do PSdeG-PSOE en Ourense e foi elixida concelleira. Pese a que os socialistas gañaron as eleccións, con 9 concelleiros de 27, quedaron na oposición debido ó pacto entre Democracia Ourensana e o PPdeG que fixo alcalde a Gonzalo Pérez Jácome, e pasou a ocupala a viceportavocía do grupo municipal. Foi designada membro do Comité Federal do PSOE durante o 14 Congreso Nacional do PSdeG en decembro de 2021. En marzo de 2022 resultou elixida como nova Secretaria Xeral da Agrupación Socialista da cidade de Ourense[1], a cal levaba máis de 2 anos nunha situación de interinidade cunha xestora. Postulouse inicialmente como candidata ás primarias para encabezala candidatura socialista en 2023, xunto co anterior candidato e secretario provincial Rafael Rodríguez Villarino, pero a Executiva galega suspendeu as primarias e nomeou ao exalcalde Francisco Rodríguez Fernández como candidato. Ante isto, Villarino renunciou como portavoz no concello, pasando González a asumila portavocía. En febreiro de 2023 anunciouse que sería a número 2 da lista encabezada por Rodríguez, sendo a máis votada na asemblea de ratificación da candidatura[2].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar