Alberto Varela Paz
político español
Alberto Varela Paz, nado en Vilagarcía de Arousa en 1975[1], é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.
Alberto Varela Paz | |
---|---|
Nacemento | 1975 |
Lugar de nacemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
É licenciado en Dereito. Traballou como asesor xurídico de Urbanismo no Concello de Vilagarcía desde 2006.
Foi o candidato do PSdeG á alcaldía de Vilagarcía nas eleccións municipais de 2015, obtendo 8 concelleiros. Foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada, coa abstención de EU-Son, BNG e PDDdeG.
Nas eleccións de 2019, a lista que encabezaba acadou a maioría absoluta (12 concelleiros) e foi reelixido alcalde da vila. En novembro dese mesmo ano converteuse en presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias[2].
Predecesor: Tomás Fole Díaz |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
NotasEditar
- ↑ "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2015.
- ↑ "Alberto Varela Paz, elixido novo presidente da Fegamp na X Asemblea Xeral da Federación". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-03-10.