Tomás Fole
Tomás Javier Fole Díaz,[1] nado en Vilagarcía de Arousa o 28 de xaneiro de 1965, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1965 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
![]() | |
22 de novembro de 2016 – 5 de marzo de 2019 ← Irene Garrido Valenzuela Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
![]() | |
2011 – 2015 ← Dolores García Giménez – Alberto Varela Paz → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Vilagarcía de Arousa ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
![]() ![]() |

Traxectoria
editarNeto de Darío Fole Malvar e sobriño de Joaquín Fole Vilar. Licenciado en empresariais. Foi candidato do PPdeG á alcaldía de Vilagarcía nas eleccións municipais de 2003, nomeado logo do repentino falecemento de Miguel Ángel González Estévez, conseguindo incrementa-lo apoio do partido (aínda moi afectado pola escisión de IVIL de José Luis Rivera Mallo), pero sen acadar a maioría. Nese ano pasou tamén a presidir Xunta Local do PPdeG de Vilagarcía. Nas municipais de 2007 seguiu incrementando apoios, pero novamente sen gañar. En 2010 foi reelixido Presidente local do partido, a pesar do seu enfrontamento co presidente provincial Rafael Louzán que promovera unha candidatura alternativa do presidente da Autoridade Portuaria Javier Puertas[2].
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e gañou as eleccións, quedándose a un concelleiro da maioría absoluta, polo que foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En outubro de 2011 chegou a un acordo con José Luis Rivera Mallo polo cal disolvería IVIL no PPdeG, índose Rivera como candidato ao Senado e entrando o seu número 2 na corporación e como membro do goberno local[3], polo que Fole puido gobernar en maioría todo o mandato. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía logo de ser derrotado polo PSdeG-PSOE de Alberto Varela. Formou parte das candidaturas ao Congreso dos Deputados do Partido Popular pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 2015 e 2016, sen resultar electo. Tralas renuncias de Irene Garrido e José Balseiros, en novembro de 2016 tomou posesión como deputado[4].
En maio de 2017 abandonou a presidencia local do PP en Vilagarcía, logo de non concorrer á reelección. Consumou o seu adeus definitivo á política local, logo de 14 anos, ao renunciar como portavoz e concelleiro en outubro dese mesmo ano[5]. Mantívose como deputado no Congreso ata o remate da lexislatura en 2019. En novembro dese ano foi nomeado asesor da Consellería de Presidencia[6].
Predecesor: Dolores García Giménez |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 2011 - 2015 |
Sucesor: Alberto Varela Paz |
Notas
editar- ↑ "Tomás Javier Fole Díaz: "Esta campaña tiende a ser de poca propuesta y mucha crítica"". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
- ↑ «Louzán y yo tenemos modos diferentes de ver la realidad» La Voz de Galicia, 15/6/2010 (en castelán).
- ↑ "Independientes por Vilagarcía se integra en el PP y otorga la mayoría absoluta al gobierno de Tomás Fole". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ Tomás Fole, ao Congreso dos Deputados tras a renuncia de José Balseiros
- ↑ Tomás Fole renuncia a su acta de concejal en el Concello de Vilagarcía de Arousa
- ↑ El PPdeG rehabilita a Tomás Fole y lo nombra asesor de Vicepresidencia
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición