Congreso dos Deputados

(Redirección desde «Congreso dos Deputados de España»)

O Congreso dos Deputados[7] é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa o pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.

Congreso dos Deputados
XIV lexislatura
Datos xerais
ÁmbitoEspaña España
Creación1977
TipoCámara Baixa das Cortes Xerais
Inicio de sesións17 de agosto de 2023
Presidenta[1]Francina Armengol (PSOE)
desde o 17 de agosto de 2023
Vicepresidente primeiroRodríguez Gómez de Celis, Alfonso (PSOE)
desde o 3 de decembro de 2019
Composición
Membros350 deputados[2]
Congreso de los Diputados de la XIV legislatura de España.svg
Grupos representadosSegundo Goberno Sánchez (153)

     PSOE      Unidas Podemos[a]
Oposición (196)      Partido Popular      Vox      ERC      Plural      Ciudadanos[b]      EAJ-PNV      EH Bildu

     Mixto
Salario42.709,24/ano
Salario base en 2020 sen incluír indemnizacións nin complementos.[6]
Título III da Constitución
Eleccións
Sistema electoralEscrutinio proporcional plurinominal mediante sistema d'Hondt con listas pechadas
Última elección10 de novembro de 2019
Sede(s)
{{{salon_sesións}}}
Palacio das Cortes
Praza das Cortes, Madrid
Sitio web
www.congreso.es
Notas
  1. Tras a baixa de Alberto Rodríguez (inda sen substituto) e o paso de María del Carmen Pita Cárdenes ao Grupo Mixto,[3] o GP de Unidas Podemos ten actualmente 33 deputados e, por tanto, o hemiciclo conta con 349 deputados.[4]
  2. O diputado Pablo Cambronero abandonou o GP de Ciudadanos e uniuse ao Grupo Mixto, cambiando así o número de deputados de Cs de 10 a 9.[5]

A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:

  • exercen a potestade lexislativa do Estado.
  • aproban os seus orzamentos.
  • controlan a acción do Goberno.
  • e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.

No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.

Historia

editar

O Congreso dos Deputados ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real de 1834, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estabeleceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.

O Estamento dos Procuradores do Reino tiña carácter electivo e unha composición que correspondía netamente á representación das Cidades e Burgos con dereito de voto nas Cortes do Antigo Réxime.

Na Constitución de 1837, aprobada como consecuencia do Motín da Granxa de San Ildelfonso que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleuse por primeira vez a denominación de «Congreso dos Deputados» para a Cámara Baixa das Cortes Xerais.

Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 preservaron a configuración do Congreso dos Deputados como unha cámara de representación popular, que nalgúns casos tivo atribuída preeminencia sobre o Senado en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público e control político aos membros do Goberno.

Composición

editar

A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixa en 350 o número de membros da Cámara.

Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demais en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.

 
Composición tralas eleccións xerais de España de novembro de 2019[2]

Grupo parlamentario Portavoz Líder Deputados
Socialista   PSOE: 108
  PSC: 12
Héctor Gómez Pedro Sánchez 120
Popular en el Congreso   PP Cuca Gamarra Alberto Núñez Feijóo [a] 88
VOX   Vox Iván Espinosa
de los Monteros
Santiago Abascal 52
Confederal de Unidas Podemos-
En Comú Podem-Galicia en Común
  Unidas Podemos: 24[b]
  En Comú Podem: 7[c]
  Galicia en Común: 2[d]
Pablo Echenique Yolanda Díaz 33[e]
Republicano   ERC: 12
  Sob: 1
Gabriel Rufián 13
Plural   JxCAT: 4
  PDeCAT: 4
  Más País-Equo: 2
  Més Compromís: 1
  BNG: 1
Íñigo Errejón Míriam Nogueras
Ferran Bel
Íñigo Errejón
Joan Baldoví
Néstor Rego
12
Mixto   CUP-PR: 2
  CC-PNC: 1
  NC: 1
  PRC: 1
  TE (EV): 1
  FORO: 1
Non adscritos: 4 [f]
Carlos García Mireia Vehí
Sergio Sayas
Ana Oramas
Pedro Quevedo
José María Mazón
Tomás Guitarte
Isidro Martínez Oblanca
Pablo Cambronero
11
Ciudadanos   Ciudadanos Inés Arrimadas 9[g]
Vasco (EAJ-PNV) EAJ-PNV Aitor Esteban 6
Euskal Herria Bildu   EH Bildu Mertxe Aizpurua 5
  1. Non é deputado.
  2. 20 de Podemos, 3 de Izquierda Unida e 1 de Alianza Verde
  3. 4 de Catalunya en Comú, 2 de Podemos e 1 de EUC.
  4. 1 de Esquerda Unida e 1 de Podemos.
  5. Tras a baixa de Alberto Rodríguez (inda sen substituto) e o paso de María del Carmen Pita Cárdenes ao Grupo Mixto,[3] o GP de Unidas Podemos ten actualmente 33 deputados e, por tanto, o hemiciclo conta con 349 deputados.[4]
  6. María del Carmen Pita, diputada por Las Palmas nas listas de Unidas Podemos.[3] Pablo Cambronero, diputado por Sevilla nas listas de Ciudadanos. Carlos García Adanero e Sergio Sayas, diputados por Navarra nas listas de Navarra Suma
  7. O deputado Pablo Cambronero abandonou o GP de Ciudadanos e uniuse ao Grupo Mixto, reducindo o número de deputados de Cs, de 10 a 9.[5]

Órganos

editar
Mesa do Congreso dos Deputados[1]
Cargo Titular Lista
Presidenta Meritxell Batet PSC
Vicepresidente primeiro Alfonso Rodríguez Gómez de Celis PSOE
Vicepresidenta segunda Ana Pastor Julián PP
Vicepresidenta terceira María Gloria Elizo UP
Vicepresidente cuarto Ignacio Gil Lázaro Vox
Secretario primeiro Gerardo Pisarello ECP
Secretaria segunda Sofía Hernánz Costa PSOE
Secretario terceiro Javier Sánchez Serna UP
Secretario cuarto Adolfo Suárez Illana PP

Prerrogativas dos deputados

editar

Os deputados, o mesmo que os senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenvolvemento das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.

  • A inviolabilidade afecta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Así e todo, esta irresponsabilidade non ten carácter absoluto, senón só en relación a terceiros estraños á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Regulamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso.[Cómpre referencia]
  • A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o período do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delito.[Cómpre referencia]

Os deputados perciben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquías e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.[Cómpre referencia]

Artigo principal: Palacio das Cortes.

O Palacio das Cortes é o edificio que alberga o Congreso dos Deputados. Está situado entre a rúa Zorrilla e a Carreira de San Xerome, a escasa distancia do Paseo do Prado, en Madrid. É un dos edificios emblemáticos do Madrid do século XIX, de estilo neoclásico.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  1. 1,0 1,1 "Mesa - Congreso de los Diputados". Consultado o 2022-06-28. 
  2. 2,0 2,1 "Composición - Congreso de los Diputados". Consultado o 2022-06-28. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Chouza, Paula (2022-03-24). "La diputada de Unidas Podemos Meri Pita se marcha al Grupo Mixto por “la deriva orgánica” del partido". El País (en castelán). Consultado o 2022-03-29. 
  4. 4,0 4,1 "La petición de reincorporación de Alberto Rodríguez al Congreso complica (aún más) la sustitución de su escaño". ElDiario.es (en castelán). 2022-01-05. Consultado o 2022-02-03. 
  5. 5,0 5,1 Pinheiro, Carmen Moraga, Marcos (2022-02-08). "Pablo Cambronero, el diputado tránsfuga al que nadie llama". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-04-11. 
  6. "Régimen económico y ayudas de los señores diputados" (PDF) (en castelán). Consultado o 11 de junio de 2020. 
  7. "Constitución Española (tradución oficial galega)" (PDF). BOE. 

Ligazóns externas

editar