Joaquín Fole Vilar

político galego

Joaquín Fole Vilar, nado en Cambados en 1924 finado en Vilagarcía de Arousa en febreiro de 2003,[1] foi un político galego.

Modelo:BiografíaJoaquín Fole Vilar
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor en Wikidata
Cambados, España Editar o valor en Wikidata
Mortefebreiro de 2003 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cambados
1965 – 1974
← Jaime Silva González Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, funcionario Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Darío Fole Malvar. Funcionario xudicial. Falanxista, foi delegado da Frente de Juventudes en Cambados até que foi nomeado xefe local do Movimento Nacional e alcalde desa vila en 1965. Permaneceu no cargo até 1974. Foi un dos impulsores da promoción e consolidación da Festa do albariño. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a Candidatura Independiente Democrática que obtivo catro concelleiros[2] e foi a segunda forza máis votada, por detrás da Unidade Galega de Xoán Antonio Pillado Silvoso, que foi elixido alcalde. Nas municipais de 1991 encabezou a lista do PSdeG-PSOE e logrou un concelleiro, por detrás do PPdeG e o BNG. Dimitiu en febreiro de 1993, dándolle paso a Domingo Tabuyo Romero.


Predecesor:
Jaime Silva González
  
Alcalde de Cambados
 
1965 - 1974
Sucesor:
Benito González Ambrós

Vida persoal

editar

Casou con María del Carmen Pintos Costa.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar