Frente de Juventudes

organización política xuvenil

A Frente de Juventudes foi un organismo político-administrativo creado en España en 1940, como sección xuvenil autónoma de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, o único partido político autorizado pola ditadura do xeneral Franco (1936-1975).

A Frente de Juventudes foi creada para o encadramento e adoutrinamento político dos mozos españois segundo os principios do Movimiento Nacional, o conglomerado de forzas político-sociais que apoiaron o Alzamiento militar contra a II República, que deu orixe á Guerra Civil coa que Franco se fixo co poder.

Con anterioridade á súa creación, existiron varias organizacións xuvenís dos partidos que apoiaron o golpe de Estado, especialmente os "pelayos", xuventudes do tradicionalismo, e os "balillas", primeira denominación da organización xuvenil de Falange Española de las JONS, que pasou a denominarse Organizaciones Juveniles[1] a raíz do Decreto de Unificación de 1937 e cuxo segundo e último Delegado foi, ata 1940, Sancho Dávila; estas organizacións disolviéronse e integraronse na Frente de Juventudes cando se creou.[2]

Coa evolución do franquismo, a Frente de Juventudes foi adaptando as súas finalidades e a súa composición ás vicisitudes políticas do franquismo; en novembro de 1961 cambiou aa denominación de Frente de Juventudes pola de Delegación Nacional de Juventudes, moito menos belixerante, e en xaneiro de 1970, unha importante reorganización da Secretaría Xeral do Movimiento, máximo órgano político do Réxime, cambiou a súa denominación pola de Delegación Nacional de la Juventud, coa que chegou ata a fin do franquismo en 1977.

NotasEditar