Domingo Tabuyo Romero
Domingo Miguel Tabuyo Romero, nado en Pontevedra o 13 de agosto de 1959, é un escritor e político galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1959 ![]() Pontevedra, España ![]() |
![]() | |
25 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
![]() | |
24 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2004 en España ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | escritor , político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Arte Moderna e Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela, e profesor de Historia no ensino secundario no IES Asorey de Cambados. Residiu en Marín e Ferrol e, dende 1985, en Cambados. Ten colaborado en diversas publicacións culturais.[2]
Foi Concelleiro e Portavoz do Grupo do PSdeG-PSOE en Cambados 1992-2011 e dende 2004 a 2011 foi deputado no Congreso dos Deputados por Pontevedra.[3]
Membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e Membro do PEN Clube Escritores de Galicia, ten colaborado en Rollo Klave, Poesía de Galicia, Ría do Ocio do Faro de Vigo, Cerna, Enormic Banda, Faro da Cultura. Articulista semanal no Diario de Arousa, dende decembro de 2011.[4]
Foi membro do Comité Organizador do Ano Cabanillas en Cambados 2009, Coordenador das Xornadas Ramón Cabanillas e a Modernidade na Poesía Galega e membro do Comité Organizador do Ano Asorey en Cambados 2011.[2]
Obra
editarPoesía
editar- Manual de urxencias e retornos (1993). Deputación da Coruña. 55 páxs. ISBN 9788486040789.
- Balsaín Blues (1998). Espiral Maior. ISBN 9788489814455.
- Nos tempos de invernía (1999).
- A luz secreta (2002). Deputación de Pontevedra, Colección Tambo.
- Caderno de París (2010). Follas Novas, Edicións da Frouma.
- A sombra horizontal do teu nome (2018). Noia: Editorial Toxosoutos, 2018.
- As viaxes maiúsculas. De los viajes mayúsculos (2019). Editorial Carena. 117 páxs. ISBN 9788417852535. Edición bilingüe.
- Sentirte é, acaso, o mellor lugar para renderse (2022). Medulia. Prólogo de Xulio López Vacárcel. 70 páxs. ISBN 978-84-124948-7-7.
Narrativa
editar- Carmín (2002). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-8302-857-5.[5]
- Svea Kött (Carne sueca) (2011). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-234-0.[6]
Literatura infantil e xuvenil
editar- A viaxe de vionta (2007). Everest Galicia. 84 páxs. Ilustracións de Manolo Uhía. ISBN 9788440305398.
Obras colectivas
editar- Vis a Vis: trinta e seis poemas e unha idea (1997).
- O Cancioneiro e o Mar (1998). Vilaxoán de Arousa.
- Abraço. Poesia colectiva (2002). AALF, Freamunde, Portugal.
- Negra sombra (2003). Espiral Maior.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.[7]
Premios
editar- Accésit do Premio Miguel González Garcés en 1993 por Manual de urxencias e retornos.
- Premio de poesía Cidade de Ourense en 1997 por Balsaín Blues.
- Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada en 1999 por Nos tempos da invernía.
- As viaxes maiúsculas, I Premio de Poesía Camiño de Santiago, en 2019.
Notas
editar- ↑ "Domingo Miguel Tabuyo Romero Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-05-11.
- ↑ 2,0 2,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-11.
- ↑ "Arquivado". web.archive.org. Archived from the original on 18 de decembro de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Domingo Tabuyo". www.aelg.gal. Consultado o 2022-05-11.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2022. Consultado o 2022-05-11.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-11.
- ↑ "Domingo Tabuyo" (PDF). rosaliadecastro.org.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.