Faro da Cultura
Faro da Cultura é o suplemento cultural do xornal Faro de Vigo. Foi editado por vez primeira o 17 de maio de 2002, e aparece os xoves con periodicidade semanal, agás na segunda quincena de xullo e o mes de agosto, na semana de Nadal e aninovo. O coordinador do suplemento, desde a súa fundación, é o escritor e profesor Xosé Ramón Pena.
Ten oito páxinas, e fai mención de temáticas de actualidade cultural galega e internacional, como exposicións, mostras artísticas, debates, estreas teatrais ou novidades no eido audiovisual e musical. Tamén ofrece recensións das novidades bibliográficas que se publican en Galicia e/ou referidas ao país galego. Asemade, Faro da Cultura ofrece en cada entrega unha entrevista con algún personaxe de especial actualidade nos diversos campos da cultura.
Entre os seus colaboradores están: Carlos L. Bernárdez, Montse Dopico, Paula Fernández, Alfredo Iglesias Diéguez, Francisco Martínez Bouzas, Héitor Mera, María Navarro, Pilar Ponte Patiño, Dolores Martínez Torres, Román Raña, Armando Requeixo, Marcela Santorum, Lourdes Varela, Joaquim Ventura e Manuel Vieites.