Joaquim Ventura

escritor catalán

Joaquim Ventura Ruiz, nado en Barcelona o 7 de xullo de 1954, é escritor en catalán e en galego.

Joaquim Ventura
Nacemento7 de xullo de 1954
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónescritor e filólogo
Na rede
AELG: 292 Dialnet: 548252
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Actualmente reside en Premià de Mar (Barcelona). Licenciado en Filoloxías Galega e Portuguesa pola Universitat de Barcelona 1993 e doutor en Filoloxía Románica pola mesma universidade 1997, coa tese El Grup Nós i la cultura europea: autoretrat duna generació, que obtivo a cualificación de apto cum laude por unanimidade. Gañou o Premio Letras Galegas da Universidade de Santiago de Compostela nas edicións de 1992 e 1993.

Alén de poeta en catalán (Premi Universitat de Barcelona, 1992; Premi Philologi, 1993), en galego colabora en prensa como columnista de opinión (Galicia Hoxe) e como crítico literario en diversas publicacións, entre elas Faro de Vigo. Foi finalista do Premio Nacional da Crítica.

Alén de investigador da literatura galega tanto da súa época medieval como da contemporánea, con máis de trinta traballos, tamén é tradutor ao catalán de autores galegos como Eduardo Blanco Amor, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza-Brey. Colaborou no proxecto da Enciclopedia Galega de Hércules Edicións co capítulo da narrativa entre 1916 e 1936.

Obra en galegoEditar

EnsaioEditar

EdiciónEditar

Obra colectivaEditar

  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar