Xosé Ramón Pena
Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1956 (68 anos) Betanzos, España |
Formación profesional | Filoloxía Hispánica e galego portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa e ensaio |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarPasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado[1] en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), traballou como catedrático de lingua e literatura galega no IES Santa Irene de Vigo[2] ata a súa xubilación. Tamén impartiu aulas na UNED.
O seu labor ocupou os espazos da investigación na historia da literatura galega, na narrativa e no xornalismo. Dentro do primeiro deles, especializouse nos campos da literatura medieval e das vangardas galegas[3], estudando e editando a obra de Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio. É autor de títulos como Manuel Antonio e a vangarda, Xograres do mar de Vigo, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Historia da Literatura Galega (da que se levan publicado 4 volumes) ou -con Manuel Forcadela- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal. Así mesmo levou a cabo o estudo e edición de Na noite estrelecida, Da terra asoballada, A esmorga e No desterro. Con Xosé María Dobarro realizou a edición da Poesía galega completa (2009) de Ramón Cabanillas.
Gañou o Premio Xerais (1987), o Premio Antón Losada Diéguez (1988 e 2017), o Premio Fervenzas Literarias (2015) e o Premio da Crítica Galicia (Investigación, 2015). Colaborou en xornais e revistas, e mantivo unha columna semanal no xornal Faro de Vigo no cal dirixiu, ademais durante décadas, o suplemento cultural semanal "Faro da Cultura". Foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia.
Obra
editarNarrativa
editar- O reverso do espello (1984). Edicións Xerais de Galicia. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia.
- Para despois do adeus (1987). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-7507-297-5.
- Para después del adiós (1993). Madríd: Ed. Libertarias-Prodhufi. Tradución de Carmen Pallares. 160 páxs. ISBN 9788479541439.[4]
- Paixóns privadas (1991). Xerais. 208 páxs. ISBN 9788475075402.
- A era de Acuario (1997). Xerais. 160 páxs. ISBN 9788483021750.
- Fado de princesa (2005). Galaxia. 228 páxs. ISBN 978-84-8288-776-0.[5]
- A batalla do paraíso triste (2008). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-8497829229.[6].
- La batalla del paraíso triste (2017). Pulp Books. ISBN 9788415992158.
- A batalha do paraíso triste (2022). Edições Afrontamento – Teodolito. Tradución de Tiago Alves Costa.[7]
- Como en Alxeria (2012). Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-9914-435-1.[8]
- Como en Argelia (2015). Books. ISBN 9788415992097.[9]
- Todas as vidas (2020). Xerais. 384 páxs. ISBN 978-84-9121-705-3.[10] ePub: ISBN 978-84-9121-708-4. Relatos.
- Todas las vidas (2022). Madrid: De Conatus. Tradución de Moisés Barcia. ISBN 978-84-17375-74-4.[11]
- En tempo de desconto (2022). Vigo: Galaxia. 232 páxs. ISBN 978-84-9151-831-0. Relatos longos.[12][13]
Ensaio
editar- A poesía de Manuel António nas literaturas galegas de vanguarda (1979). La Voz de Galicia.
- Literatura galega medieval (1986). Sotelo Blanco.
- Manual e antoloxía da literatura galega medieval (1992). Sotelo Blanco. 217 páxs.
- Manuel Antonio e a vangarda (1996). Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-277-5.
- Xograres do mar de Vigo (1998). Xerais. 128 páxs. ISBN 978-8483022290.
- Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002). Sotelo Blanco. 340 páxs. ISBN 9788478243990.
- Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853 (2013). Xerais. 440 páxs. ISBN 978-84-9914-551-8.[14]
- Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (2014). 440 páxs. ISBN 978-84-9914-764-2.[15]
- Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades (2016). Xerais. 520 páxs. ISBN 978-84-9121-107-5.[16]
- Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A "longa noite" (2019). Xerais. 544 páxs. ISBN 978-84-9121-481-6.[17]
- Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (2017). Xerais. 152 páxs. ISBN 978-8491212904.[18]
Edicións
editar- Poesía, de Luís Amado Carballo (1982). Nós.
- Na noite estrelecida, de Ramón Cabanillas (1988). Xerais
- Da terra asoballada, de Ramón Cabanillas (1994). Xerais
- Martín Codax: cantor do mar de Vigo, de Xosé María Álvarez Blázquez (1998). Xerais.
- A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (2001). Galaxia.
- Sempre en Galiza: antoloxía, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (2001). Galaxia.
- No desterro, de Ramón Cabanillas (2010). Xerais.
- Obra poética, de Florencio Delgado Gurriarán (2022). Xerais.
- Os Eoas, de Eduardo Pondal (2024). Galaxia.[19]
Obras colectivas
editar- Alén (1977, Follas Novas). Con Miguel Anxo Mato Fondo e Francisco Salinas Portugal.
- De catro a catro, Viladomar e outor poemas. de Manuel Antonio (1979, Follas Novas). Coeditor con Anxo González Guerra.
- Língua, gramática métodica da Língua Galega (1980, Edicións do Rueiro).
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
- O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990, Galaxia).
- Manual do galego urxente (1987, Xerais). Edición actualizada en 2006.
- Exercicios de galego urxente (1994, 1995, Xerais).
- Xesús Ferro Couselo: a cultura dos devanceiros (1996, Xerais).
- Narradio: 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Galego século XXI (2004).
- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal (2005, Sotelo Blanco/Real Academia Galega). Con Manuel Forcadela.
- Poesía galega completa, de Ramón Cabanillas (2009, Xerais). Coeditor con Xosé María Dobarro.
- Arredor das Irmandades da Fala (2016, Xerais).
- O libro do fútbol (2023). Vigo: Literaria, Galaxia.[20]
Premios
editar- Premio Xerais no 1987, por Para despois do adeus.
- Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 1988, por Para despois do adeus.[21]
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio/investigación de 2014, por Historia da Literatura Galega II.
- Premio da Crítica Galicia de Investigación no 2015 por Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento.
- Premio Antón Losada Diéguez de investigación no 2017, por Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936.
- Premio Ramón Cabanillas do concello de Cambados no 2017 polas súas investigacións sobre o escritor.[22]
Notas
editar- ↑ "Xosé Ramón Pena". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2019. Consultado o 2019-03-17.
- ↑ "Xosé Ramón Pena". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-17.
- ↑ "Pena Sánchez, Xosé Ramón". www.xerais.gal. Consultado o 17/3/2019.
- ↑ "Pena, Xosé Ramón". rinoceronte.gal. Arquivado dende o orixinal o 05-06-2020. Consultado o 20-2-2020. Arquivado 05-06-2020 en Wayback Machine.
- ↑ "Fado de princesa". Editorial Galaxia. Consultado o 17-3-2019.
- ↑ "«A batalla do paraíso triste», crítica en «Protexta». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2019. Consultado o 17-3-2019. Arquivado 24-09-2019 en Wayback Machine.
- ↑ "Bio-psia". Tiago Alves Costa (en portugués). 2016-05-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-19. Arquivado 19 de febreiro de 2022 en Wayback Machine.
- ↑ Nicolás, Ramón (16-12-2012). "Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena". Caderno da crítica. Consultado o 17-3-2019.
- ↑ Requeixo, Armando (11-1-2016). "Hat trick". armandorequeixo.wordpress.com. Consultado o 20-2-2020.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "Todas las vidas". Deconatus (en castelán). Consultado o 2022-04-28.
- ↑ "Galaxia publica “En tempo de desconto”, o novo libro de Xosé Ramón Pena". Editorial Galaxia. 2022-04-06. Consultado o 2022-04-07.
- ↑ Diario, Nós (2022-05-27). "Xosé Ramón Pena: "O escritor non debe depender demasiado do público lector"". Nós Diario. Consultado o 2022-05-27.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 12-03-2018. Consultado o 17-3-2019.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019.
- ↑ "Martín Codax e os xograres do mar de Vigo". casadellibro (en castelán). 9-11-2017. Consultado o 17-3-2019.
- ↑ "Os eoas". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-05-05.
- ↑ "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22.
- ↑ Redacción (10 de xuño de 2017). "López y Pena reciben los premios Antón Losada de creación e investigación". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2022.
- ↑ Cambados (2017-04-28). "Cambados premia al escritor Xosé Ramón Pena por sus trabajos sobre Cabanillas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-05-02.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Ramón Pena |
Bibliografía
editar- Artigo "PENA SÁNCHEZ, Xosé Ramón" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Ligazóns externas
editar- Secuencias organizativas no ciclo do mar de Vigo Arquivado 18 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., relatorio de Xosé Ramón Pena para A lingua das cantigas