Anxo González Guerra
Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.
Anxo González Guerra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de abril de 1955 |
Trasar de Carballo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor, catedrático e wikimedista |
Cónxuxe | Vitoria Ogando Valcárcel |
Fillos | Paulo González Ogando |
Na rede | |
https://www.anxo.info/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou no Seminario de Lugo e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1980 deu clase no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa Universidade de Vigo como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria.
No 2004 gañou canda a Rosario Sánchez-Gabriel e Marián Costa o Premio á innovación educativa sobre os temas transversais da Xunta de Galicia. En 2013 gañou xunto a Esperanza Gesteira e mais Rosario Sánchez-Gabriel o Premio Nacional de Educación á utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na docencia do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Xubilouse da docencia en abril de 2015.[1]
Colaborou na redacción do Dicionario da Lingua Galega-Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a súa muller, Vitoria Ogando Valcárcel, a páxina web ogalego.eu. Dende 2015 colabora de forma activa na Galipedia.[2]
En 2018 foi galardoado xunto con Vitoria co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra[3] en 2022 tamén obtiveron o Premio Cidade de Pontevedra.[4]
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[5]
Dende 2021 a 2023 colaborou co programa Luar da Televisión de Galicia facendo o papel de profesor de lingua galega.[6]
Publicacións Editar
- O idioma galego na poesía de Manuel Antonio. Edicións do Castro, 1981, Sada. ISBN 84-7492-076-0.
- Manuel Antonio. Nós, 1982, A Coruña (con Xosé Ramón Pena). ISBN 84-7540-004-3.
- Exercicios de lingua. Ed. Vía Láctea, 1987, A Coruña (con Vitoria Ogando Valcárcel). ISBN 84-86531-36-1.
- "Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12-2010. ISSN 1698-7861.
- Contos do avó Anxo para o neto Aldán. Autoedición, 2016. ISBN 978-84-16121-51-9.
Notas Editar
- ↑ Barral, Cristina (2015-01-31). "«Tiven alumnos marabillosos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-09.
- ↑ López, Belén (2021-11-30). "Anxo González Guerra: "Quen me ía dicir a min que de xubilado acabaría no 'Luar'!"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-12-09.
- ↑ "Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018". Diario de Pontevedra. 1/3/2018.
- ↑ Alonso, Serafín (2022-01-14). ""O galego non limita, o galego abre camiños"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-01-22.
- ↑ "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-27.
- ↑ "ogalego.eu: clases de galego no Luar da TVG". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-12-09.
Galería de imaxes Editar
|
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anxo González Guerra |
Ligazóns externas Editar
- www.ogalego.eu, páxina web dedicada á lingua galega.
- Ficha en Galegos.