María dos Anxos González Refoxo
filóloga galega
María dos Anxos González Refoxo, nada na Porta dos Mariños (lugar de Pazos, Padrón) o 18 de febreiro de 1955, é unha filóloga galega.
María dos Anxos González Refoxo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de febreiro de 1955 |
Lugar de nacemento | Pazos de Iria |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | filóloga |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

María dos Anxos González Refoxo con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca Sánchez, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017
TraxectoriaEditar
Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose na primeira promoción, no ano 1978. Exerceu como profesora en centros de Ferrol, Santiago e, desde 1983 no Instituto de Elviña da Coruña no que se xubilou.
ObrasEditar
Obras colectivasEditar
- Nova gramática para a aprendizaxe da língua, 1988, Vía Láctea. Con César Morán, Xoán Carlos Rábade Castiñeira e Xoán Costa Casas.
- Actividades de expresión oral e escrita, 1990, Baía Edicións. Con Isabel Arcai Beira, Teresa Fandiño Barreiro, Maia das Dores Fernández López, Xoán Carlos Rábade Castiñeira e Xoán Costa Casas.
- Actividades de léxico 1 e 2, 1990 e 1991, Baía Edicións. Con Xoán Carlos Rábade Castiñeira e Xoán Costa Casas.
- Actividades de construción gramatical, 1991, Baía Edicións. Con Xoán Carlos Rábade Castiñeira e Xoán Costa Casas.
- E non chegou a ser palabra... : afixos léxicos, sufixación e prefixación lexical, 1995, AS-PG. Con Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
- É o verbo: aproximación á narración, 1999, AS-PG.
- Programación didáctica de referencia. Lingua galega e literatura: Educación Secundaria Obrigatoria, 1999 e 2000, Xunta de Galicia.
TraduciónsEditar
- Visita a Santiago de Compostela co Club 33, de José Carro Otero, 1979, Caixa de Aforros de Santiago.
AudiovisualEditar
- Canto de permanencia, 2010, sobre a obra de Uxío Novoneyra. Coguionista.[1]
- Estrela na alba, o pensamento político de Castelao. Participa no desenvolvemento narrativo.[2]
- De amor e cantería, obra premiada co Mestre Mateo 2011 á mellor obra experimental. Guionista.[3]
- Andei todos os camiños, documental. Guionista e directora.[4]
- Danza do poema emocionado, sobre Manuel María. Guionista.[5]
- Manuel María. Paixón de palabra e terra, documental finalista nos premios Mestre Mateo 2016. Coguionista.[6]
NotasEditar
- ↑ "Canto de permanencia". Culturagalega.org. Consultado o 10/09/2017.
- ↑ "Estrela na alba". Castelao na rede. Consultado o 10/09/2017.
- ↑ "De amor e cantería". Axenda Cultural da AELG. Arquivado dende o orixinal o 10/09/2017. Consultado o 10/09/2017.
- ↑ "Andei todos os camiños". Manuel María Fundación. Consultado o 10/09/2107.
- ↑ "Recuperar a Manuel María é tamén recuperar valores democráticos". Axenda Cultural AELG. Arquivado dende o orixinal o 10/09/2017. Consultado o 10/09/2017.
- ↑ "Manuel María. Paixón de palabra e terra". Televisión de Galicia. Consultado o 10/09/2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María dos Anxos González Refoxo |