Manuel Ferreiro Fernández
Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1955 (69 anos) Saavedra, España |
Formación profesional | Filoloxía Hispánica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor universitario |
Xénero artístico | Investigación |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciado (1978), graduado (1979) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (Subs.: Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, e é un recoñecido investigador da Lingüística Histórica e Historia da Lingua Galega, nas súas liñas de investigación tamén se inclúe a Ecdótica de textos antigos galegos (medievais, medios e decimonónicos) e a Crítica Textual galego/portuguesa.
Con anterioridade exercera durante varios anos a docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato (IES de Elviña, na cidade da Coruña).
Foi director da colección Documenta das publicacións da Biblioteca-Arquivo 'Francisco Pillado Maior' da Universidade da Coruña. Así mesmo, é o director de GLOSSA[1], que constitúe o primeiro repertorio lexical dicionarizado, contextualizado e exhaustivo do corpus da lírica profana galego-portuguesa: cantigas de amor, cantigas de amigo e mais cantigas de escarnio e maldicir, para alén dalgúns textos doutros xéneros con menor representación. Dirixiu o proxecto Universo Cantigas, co fin de realizar a edición do corpus completo das cantigas medievais galego-portuguesas.
Obra
editarMonografías
editar- Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia), Santiago de Compostela, 1991, Edicións Laiovento (304 pp.) ISBN 84-87847-02-1.
- De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, 1996, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (1997, 2ª ed. revisada) (72 pp.) ISBN 84-87847-97-8. 4ª edición revisada no 2007 (112 pp.) ISBN 978-84-8487-132-0.
- Gramática Histórica Galega. Volume I. Fonética e Morfosintaxe, 1995, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (442 pp.) [ISBN 84-87847-67-6] (marzo de 1996, 2ª ed.; setembro de 1996, 3ª ed.; 1999, 4ª ed. ISBN 84-89896-43-7).
- Gramática Histórica Galega. Volume II. Lexicoloxía, 1997, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 1997 (400 pp.) ISBN 84-89896-07-0.
- O Himno Galego. Documentos Históricos (1890-1907), 2007, Universidade da Coruña/Universidade de Santiago de Compostela/Universidade de Vigo (108 pp.) ISBN 978-84-9749-271-3.
- Eduardo Pondal, o cantor do eido noso, 2017, Laiovento. ISBN 84-8487-347-1.
Edicións críticas
editar- As cantigas de Rodrigu'Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Santiago de Compostela, 1992, Edicións Laiovento (136 pp.) ISBN 84-87847-14-5.
- Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume I: Queixumes dos Pinos. Ed. de..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995.[2] ISBN 84-7824-144-2.
- Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume II: Poemas Impresos. 2001, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.[3] ISBN 84-7824-144-2.
- Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume III: Poemas Manuscritos, 2002, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.[4] ISBN 84-7824-406-9.
- Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas, 2005, Ed. de M. Ferreiro, Santiago, Sotelo Blanco.
Obras colectivas
editar- A nosa literatura: unha interpretación para hoxe, 1982, AS-PG.
- Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, 1987, edición de Manuel Ferreiro, Xosé María Dobarro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea (64 pp.).
- Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1987, edición de Manuel Ferreiro, Xosé María Dobarro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, A Coruña, Vía Láctea (110 pp.).
- Luís de Camões: Doce Canto em Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças Camonianas na Lírica Galega), 1994/1998. Selecção, introdução, notas e apêndice de..., Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (236 pp.) ISBN 84-87847-41-2 (1998, 2ª ed. revisada [ISBN 84-89896-37-2]) (en colaboración con Carlos Paulo Martínez Pereiro e Francisco Salinas Portugal).
- Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amigo, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (250 pp.) ISBN 84-921126-4-6 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro).
- Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amor, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (253 pp.) ISBN 84-921126-7-0 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro).
- Historia da Literatura Galega. Cantiga de Escarnio e de mal dizer, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (281 pp.) ISBN 84-921126-6-2 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro).
- Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa Maria, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (240 pp.) ISBN 84-921126-8-9 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro).
- Castelao na Galiza do século XX. Actas do Simposio, 1999, AS-PG/Universidade da Coruña. Coeditor con Xosé Ramón Freixeiro Mato.
- Cabanillas, Ramón: A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera, 2002, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor'. Introdución (77 pp.) + Texto crítico (44 pp.) + Apéndice (70 pp.). ISBN 84-9749-035-5 (en colaboración con Goretti Sanmartín).
- González, Cándido A.: ¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, 2004. Estudo, edición e notas de M. Ferreiro, Xan Fraga e Laura Tato, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral ‘Francisco Pillado Mayor’.
- Manteiga, Luís: Intres (1934-1935). 2005, Ed. e estudo lingüístico de M. Ferreiro. Estudo literario de Laura Tato Fontaíña, Ediciós do Castro, Sada-A Coruña.
- Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa/Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry, 2007. Edición de Manuel Ferreiro, C. P. Martínez Pereiro e Laura Tato Fontaíña, Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións (68 pp.) ISBN 978-84-9749-247-8.
- O Himno. Historia, texto e música, en Barreiro Fernández, X. R./Villares, R. (editores): Símbolos de Galicia, 2007, Consello da Cultura Galega/Real Academia Galega, pp. 105–192 ISBN 978-84-96530-46-I (en colaboración con Fernando López-Acuña).
- A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza, 2008. Edición de Manuel Ferreiro, C. P. Martínez Pereiro e Laura Tato Fontaíña, Baía Edicións (214 pp.) ISBN 978-84-96893-65-8.
- Sobre o racismo lingüístico, 2009, Laiovento.
- Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía. ISBN 978-84-9995-149-2.
- Os trobadores da terra de Betanzos (2023). Con Leticia Eirín e Teresa López. Biblos. ISBN 978-84-15086-55-0.
Premios de investigación
editar- XXI Premio Antón Losada Diéguez de Investigación pola obra Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas (2006).
- IX Premio de Investigación 'Concepción Arenal' de Humanidades 2014 polo proxecto Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2014).
Notas
editar- ↑ "Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa". glossa.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 2015-11-29.
- ↑ Introdución (LXXXIX pp.) + Textos e Variantes (192 pp.) + Notas críticas (134 pp.)]
- ↑ Introdución (XIV pp.) + Textos e Variantes (120 pp.) + Notas críticas (214 pp.)
- ↑ Introdución (XXII pp.) + Textos e Variantes (251 pp.) + Notas críticas (344 pp.)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Ferreiro Fernández |
Ligazóns externas
editar- Currículo do autor na páxina da UDC.
- Manuel Ferreiro Fernández na Biblioteca Virtual Galega.