Xosé Ramón Freixeiro Mato

profesor

Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, foi profesor titular, primeiro, e despois catedrático (desde 2010) na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa ata a súa xubilación en 2021.

Xosé Ramón Freixeiro Mato
Xosé Ramón Freixeiro Mato (AELG)-1.jpg
Nacemento13 de outubro de 1951
 Vilanova
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosEnsaio
EstudosMaxisterio, Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa
Na rede
AELG: 251 Dialnet: 504644
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Despois dunha infancia como neno labrego, pasou por internados relixiosos en Allariz e Cambados, e examinouse por libre nun instituto da Coruña para obter o título de bacharelato superior. A seguir, estudou Maxisterio nesa mesma cidade e nela traballou como profesor de EXB nun colexio privado durante sete anos. Licenciouse posteriormente en Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade da Coruña cunha tese sobre Antonio Noriega Varela. Foi profesor en institutos de ensino secundario da Coruña e Arteixo e obtivo a praza de catedrático de Lingua e Literatura galegas no ensino medio, cargo desempeñado na cidade herculina. Xa doutorado, accedeu en 1993 á praza docente na UDC.

ObrasEditar

EnsaioEditar

EdiciónsEditar

Obras colectivasEditar

PremiosEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar