Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

Edificio Sindicatos da Coruña onde ten a súa sede a AELG.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña.[1] A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios,[2] nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.[3]

PresidentesEditar

Sucesivamente:

Composición do Consello DirectivoEditar

 
Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.

Escritor galego universalEditar

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aquelas autoras e autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana, honrando cada ano unha escritora ou escritor.[6]

NotasEditar

  1. Páxina de contacto da AELG
  2. Informe do Consello Directivo da AELG, Asemblea xeral de socios celebrada en febreiro de 2019.
  3. "A AELG convoca un parlamento de escritoras polos dereitos civís". Sermos Galiza. 11 de marzo de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  4. "Novas secci\u00F3ns e incorporaci\u00F3ns na directiva da AELG". www.aelg.gal. Consultado o 2020-12-03. 
  5. AELG Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
  6. "Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega". www.aelg.gal. Consultado o 2020-12-03. 
  7. culturagalega.org (2006-04-07). "Poeta galego de Palestina". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  8. "A AELG nomea Escritor Galego Universal o vasco Bernardo Atxaga". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-12-03. 
  9. "Vieiros: Galiza Hoxe - Nancy Morejón, 'escritora galega universal'". www.vieiros.com. Consultado o 2020-12-03. 
  10. Región, La (2009-04-30). "Elena Poniatowska recibirá el título de Escritora Galega Universal o 9 de maio". La Región. Consultado o 2020-12-03. 
  11. "O poeta Juan Gelman, elixido «escritor galego universal»". La Voz de Galicia. 2009-12-24. Consultado o 2020-12-03. 
  12. asociacionescritoras-es. "Antonio Gamoneda, nomeado Escritor Galego Universal pola AELG Axenda cultural AELG::". Consultado o 2020-12-03. 
  13. Efe (2012-01-21). "José Luis Sampedro, distinguido como Escritor Galego Universal". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2020-12-03. 
  14. Diario, Nós. "Lídia Jorge, Escritora galega universal para a AELG". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03. 
  15. Diario, Nós. "A AELG nomea Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03. 
  16. "Luiz Ruffato, Escritor Galego Universal 2015, en Lugo / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org. Consultado o 2020-12-03. 
  17. "Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016". Praza Pública. 2016-02-13. Consultado o 2020-12-03. 
  18. Diario, Nós. "Hélia Correia, Escritora Galega Universal, e Pilar García Negro, Escritora na súa Terra". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03. 
  19. Diario, Nós. "Falece a autora e xornalista valenciana Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03. 
  20. "María Teresa Horta, distinguida como Escritora Galega Universal". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-12-03. 
  21. "Mariasun Landa, Escritora Galega Universal 2020 Jakiunde". www.jakiunde.eus. Consultado o 2020-12-03. 

Ligazóns externasEditar