Isabel-Clara Simó

escritora española

Isabel-Clara Simó i Monllor, nada en Alcoi (Provincia de Alacant) o 4 de abril de 1943 e finada en Barcelona o 13 de xaneiro de 2020,[1][2] foi unha escritora e xornalista española en lingua catalá, ademais de política militante de SI.

Infotaula de personaIsabel-Clara Simó

Isabel-Clara Simó i Monllor en 2008
Nome orixinal(ca) Isabel-Clara Simó i Monllor Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1943
Alcoi
Morte13 de xaneiro de 2020
Barcelona
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Esclerose lateral amiotrófica Editar o valor em Wikidata)
Dean of the Institució de les Lletres Catalanes (en) Traducir
2016 – 2019
← Francesc ParcerisasMargarida Aritzeta i Abad (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadelingua catalá
Actividade
OcupaciónEscritora, xornalista i política
Partido políticoSolidaritat Catalana per la Independència Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
31 de marzo de 2016Koiné Manifest (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXavier Dalfó (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 946 Dialnet: 271680 Find a Grave: 208088440 Editar o valor em Wikidata

Está considerada unha das autoras modernas máis importantes de literatura catalá. Foi galardoada en múltiples ocasións; entre outras distincións, en 1978 co Premio Víctor Català por És quan miro que hi veig clar; en 1993 recibiu o premio Sant Jordi por La salvatge, en 1999 foille concedida a Cruz de Sant Jordi pola súa traxectoria literaria, no 2001 outorgáronlle o premio Andròmina de narrativa por Hum... Rita!: L'home que ensumava dones, o Premio da Crítica dos Escritores Valencianos en ensaio, por En llegítima defensa e o Premio Joanot Martorell de narrativa por Amor meva.

Como xornalista, foi directora do semanario Canigó e é columnista no diario Avui. Foi Delegada do Libro do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.

Traxectoria editar

Isabel-Clara Simó licenciouse en filosofía pola Universidade de Valencia[3] e en xornalismo, ademais de ser doutora en filoloxía románica. Exerceu como profesora en Buñol e, posteriormente, no Instituto Ramón Muntaner de Figueras, onde naceron os seus fillos, e no Instituto Sant Josep de Calasanç de Barcelona. Pasou ao xornalismo no ano 1972 como directora do semanario Canigó, colaborando ademais habitualmente con distintos medios de comunicación. Creou nos seus propios contos e novelas personaxes complexos que manteñen relacións conflitivas, como La Nati (1991), Raquel (1992), Històries perverses (1992) ou os de T'imagines a vida sense ell? (2000). Obras como Júlia ou D'Alcoi a Nova York (1987) foron ambientadas en Alcoi, o seu lugar de nacemento.[4]

Foi galardoada, entre outros, co Premio Sant Jordi de Novela 1993, pola súa obra La salvatge. Tamén foi delegada do Libro do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña. En 1999 foi distinguida coa Creu de Sant Jordi, pola súa traxectoria. O libro de relatos Dones (1997) foi obxecto dunha adaptación cinematográfica, o ano 2000. De publicación máis recente, foron libros como L'home que volava en el trapezi (2002) ou a súa recompilación de artigos no xornal Avui, co título En legítima defensa. Tamén debe destacarse o éxito de crítica e público da obra teatral Còmplices, levada a escena por Pep Cortès.

 
Isabel-Clara Simó recibe o premio Traxectoria.

En 1993 gañou o Premio Crítica Serra d'Or de Narración por Històries perverses. O ano 2001, élle outorgado o premio Andrómeda polo seu libro Hum... Rita!: L'home que ensumava dones, e o 2004 o Premio da Crítica dos Escritores Valencianos na súa modalidade de ensaio, por En legítima defensa. O ano 2007, conseguiu o Premio de Novela Cidade de Alcira coa súa obra El meu germà Pol.

Como xornalista, foi directora do semanario Canigó, foi columnista do xornal Avui e actualmente éo do Punt Avui. Foi delegada do Libro do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.

O ano 2009 recibiu o premio Traxectoria no marco da Semana do Libro en Catalán. Segundo a organización, este galardón recoñecía a extensa obra da escritora e a súa implicación na defensa da lingua catalá.[5] En 2013, tamén foi recoñecida polo Concello de Alcoi coa concesión da medalla de ouro da cidade e o nomeamento de filla predilecta.[4]

En 2017 foi nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) Escritora Galega Universal 2018.[6]

Obras editar

De entre oas súas máis de corenta obras, destacan as seguintes:

  • Júlia (1983)
  • Alcoi - Nova York (1987)
  • La veïna (1990)
  • La Nati (1991)
  • Raquel (1992)
  • Històries perverses (1992)
  • La salvatge (1994)
  • Dones (1997)
  • El gust amarg de la cervesa (1999)
  • T'imagines la vida sense ell? (2000)
  • Carta al meu nét. Sobre el nacionalisme (2000)
  • La Nati (2001)
  • Estimats homes (una caricatura) (2001)
  • L'home que volava en el trapèzi (2002)
  • En legítima defensa (2003)
  • Angelets (2004)
  • El caníbal (2007)
  • El meu germà Pol (2007), Premio de Novela Cidade de Alcira.
  • Adéu, Boadella (2008)
  • Els racons de la memòria (2009)
  • Homes (2010)
  • El meu germa Pol (2006)

A súa obra foi traducida ao alemán, o inglés, o vasco, o castelán, o francés, o galego, o italiano, o neerlandés e o sueco.

En galego Edicións Xerais de Galicia publicou en 1996 Raquel, traducida por María Dolores Torres París na Colección Fóra de Xogo,[7] e en 1997 Xoel.[8]

Notas editar

  1. "Falece a autora e xornalista catalá Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018". Nós Diario. Consultado o 2020-01-13. 
  2. Bassas, Antoni (2020-01-13). "Mor la degana de les lletres catalanes, Isabel-Clara Simó". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2020-01-13. 
  3. "Isabel-Clara Simó i Monllor". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  4. 4,0 4,1 «Alcoi concedirà la medalla d'or a Isabel-Clara Simó» Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  5. «Isabel-Clara Simó rep emocionada el Premi Trajectòria de la Setmana del Llibre a Sant Cugat».
  6. "A autora e xornalista catalá Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018". Sermos Galiza. 18 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  7. "Raquel, no Catálogo da BNE". catalogo.bne.es. Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  8. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (ed.). "Base de datos de libros editados en España". Consultado o 30 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar