Figueres

Coordenadas: 42°16′2″N 02°57′45″L / 42.26722, -2.96250

Figueres é un concello e cidade do nordés de Cataluña, capital da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. En 2018 vivían no seu concello 46.381 habitantes.

Figueres
Bandera de Figueres.svg
Escut de Figueres.svg
Figueres, town centre.jpg
Centro de Figueres.
Localización
Figueres en Cataluña
Figueres
Figueres
Figueres en Provincia de Xirona
Figueres
Figueres
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaXirona
ComarcaAlt Empordà
Xeografía
Altitude40 msnm
Superficie19,31 km²
Demografía
Poboación46.381 hab. (2018)
Densidade2.380,17 hab./km²
XentilicioFiguerenc/a
Outros datos
Código postal17600
AlcaldeSanti Vila (CiU)
www.figueres.cat

XeografíaEditar

Está situada a 39 m sobre o nivel do mar, na chaira altempordanesa, nas proximidades dos Pireneos e da fronteira con Francia. A 36 km da capital provincial, Xirona; a 136 de Barcelona e a 65 de Perpiñán, en Francia.

Historia breveEditar

O nome actual deriva do latín ficarias "figueiras", que era indicado como Ficaris no latín deturpado da Alta Idade Media. O conde de Empúries, Hugo IV, incendiou a vila, e anos máis tarde o rei Xaime I de Aragón, concedeulle unha carta foral en 1267. Dada a súa proximidade á fronteira francesa a vila foi fortificada, xogando un importante papel como praza forte durante a Idade Moderna e nos anos iniciais do século XIX. De feito o castelo de Sant Ferran foi mandado construír polo rei Filipe V, que encargou as trazas ao célebre enxeñeiro francés Vauban.

Arte e arquitecturaEditar

 
Igrexa de Sant Pere
 
Teatro-Museo Dalí

Da antiga muralla apenas fica a torre Gorgot, integrada hoxe no Teatro-Museo Dalí. Deben salientarse ademais os monumentos seguintes:

Tradicións e culturaEditar

Figueres está considerado como o berce da sardana. As festas de Figueres son as da Santa Cruz, celebradas cada 3 de maio. O 29 de xuño celebra a festa do patrón, san Pedro.