Vilafant

Coordenadas: 42°15′N 2°57′L / 42.250, -2.950

Vilafant é un municipio catalán da provincia de Xirona. Está situado no centro da comarca do Alt Empordà.

Vilafant
Escut de Vilafant.svg
Localización
Localització de Vilafant respecte de l'Alt Empordà.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaXirona
ComarcaAlt Empordà
Xeografía
Altitude54 msnm
Superficie8,35 km²
Demografía
Poboación5.523 hab. (2012)
Densidade661,44 hab/km²
XentilicioVilafantenc/a
Outros datos
Código postal17740
AlcaldeConsol Cantenys (PSC-PM)
www.vilafant.cat

O termo municipal, de 8,35 km², está ao suroeste da cidade de Figueres, capital de comarca. Tamén limita con Santa Llogaia d'Àlguema polo sur, con Borrassà ao suroeste e con Avinyonet de Puigventós ao noroeste.

HistoriaEditar

Por todo o municipio atopáronse interesantes restos arqueolóxicos ibéricos e romanos, con fragmentos de cerámica datados dos séculos IV-III a.C.

O documento máis antigo que se refire a Vilafant data de 1017 e é unha bula do papa Bieito VIII a favor do mosteiro de Sant Esteve de Banyoles. A principios do século XVII, tiña unha das industrias do ladrillo máis importantes da provincia de Xirona. Actualmente, a súa demografía non para de crecer, debido á súa proximidade coa cidade de Figueres, onde traballan moitos dos seus habitantes.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1981 2000 2010
509 606 584 1.507 4.100 5.429
 
Palau Sabaldòria

LocalidadesEditar

O concello está formado por tres núcles de poboación:

  • Les Arengades i el Camp dels Enginyers
  • Les Forques
  • Vilafant

Lugares de intereseEditar

  • Igrexa parroquial de Sant Cebrià, do século XII e reconstruída durante o século XVIII.
  • Palau Sabaldòria, conxunto arqueolóxico con restos ibéricos e romanos, igrexa prerrománica, castelo medieval e a masía Palol, unha gran casa do século XVI.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar