Alt Empordà
O Alt Empordà é unha comarca da provincia de Xirona, en Cataluña. A súa capital é Figueres. En 2009 tiña 135.413 habitantes.

Localización da comarca en Cataluña.
Vista da chaira desde Sant Pere de Rodes
A comarca limita ao norte coas comarcas francesas do Vallespir e o Rosellón, co mar Mediterráneo ao leste, co Baix Empordà, o Gironès e o Pla de l'Estany polo sur, e coa Garrotxa polo oeste. É unha das dúas comarcas nas que quedou dividido o Empordà na división comarcal de 1936.
ConcellosEditar
Actualmente a comarca está formada por 68 concellos.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alt Empordà |
- Sitio web do Consell Comarcal do Alt Empordà Arquivado 27 de agosto de 2010 en Wayback Machine. (en catalán)