Languedoc-Rosellón

rexión de Francia
(Redirección desde «Rosellón»)

Languedoc-Rosellón[1][2] ou Languedoc-Roselló[3] (en catalán: Llenguadoc-Rosselló, en francés: Languedoc-Roussillon, en occitano: Lengadòc-Rosselhon) é unha antiga rexión francesa que agrupaba cinco departamentos. Estaba bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León), e as seguintes rexións francesas: Provenza-Alpes-Costa Azul, Ródano-Alpes, Auvernia e Mediodía-Pireneos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pireneos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos falaban dun anfiteatro que mira ao mar, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.

Languedoc-Rosellón
Llenguadoc-Rosselló
Languedoc-Roussillon
Lengadòc-Rosselhon
Bandeira de Languedoc-Rosellón
Escudo de Languedoc-Rosellón
BandeiraEscudo
Languedoc-Roussillon-Position.png
EstadoFrancia Francia
CapitalMontpellier
 • Poboación251.634 (2006)
Lingua oficialFrancés2
Forma de gobernoRexión de Francia
Presidente
Damien Alary
SuperficiePosto 9º
 • Total27.376 km²
PoboaciónPosto 9º
 • Total2 594 000 (est. 2008) hab.
 • Densidade95 hab./km²
Xentiliciolanguedociano-rosellonés/esa
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.fr
Código ISOn/d
1 Fálase catalán na parte sur e occitano no resto do territorio.
2 Malia ser segundo as leis francesas o francés a única lingua oficial, o Consello Xeral dos Pireneos Orientais aprobou unha resolución legal na que se lle daba unha certa oficialidade ás linguas catalá e occitana nese departamento.
Sitio web oficial

Os seus cinco departamentos eran herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón. Eran: o Aude (número 11), o Gard (número 30), o Hérault (número 34), o Lozère (número 48) e os Pireneos Orientais (número 66).

No 2004, o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que levaba a divisa: "Vivir na Septimania".

Dende o 1 de xaneiro de 2016, forma parte da nova rexión de Occitania.[4]

HistoriaEditar

Na época antiga, o Languedoc-Rosellón formaba a provincia Narbonense, incorporada ben cedo ao Imperio romano. No século V, os visigodos instaláronse aquí, fundando a Septimania. Esta provincia foi temporalmente dominada polos árabes, antes de ser conquistada por Carlos Magno, que a denominou marca de Gothie. Na época feudal tivo lugar unha grande fragmentación política: os condados do Rosellón e de Cerdaña, de lingua catalá, pasaron á órbita do reino de Aragón, mentres que o Baixo Languedoc pasou baixo a dominación da casa Trencavel; despois, tras a cruzada albixense baixo a do rei de Francia. O tratado de Corbeil de 1258 ratifica esta división: os Corbières formaban a fronteira entre o reino de Francia e o reino de Aragón. En 1659 o tratado dos Pireneos incorporou o Rosellón e o norte da Cerdaña ao reino de Francia, pero as provincias do Languedoc e do Rosellón quedaron separadas administrativamente.

AdministraciónEditar

PolíticaEditar

A política no Languedoc-Rosellón estivo dominada durante tempo pola oposición entre dous persoeiros: Jacques Blanc (presidente do consello rexional durante 18 anos) e Georges Frêche, o seu adversario socialista que o sucedeu en marzo de 2004. Os exministros Claude Allègre e Jean-Claude Gayssot son orixinarios da rexión.

XeografíaEditar

A antiga rexión do Languedoc-Rosellón é moi heteroxénea. A chaira litoral contrasta coas zonas montañosas de Cévennes e os Pireneos, pasando polas mesetas calcarias. As costas rochosas dos Pireneos alternas coas longas praias de area protexendo as bastas lagoas (lagoa de Thau, de Vendres, do Méjean...).

EconomíaEditar

A economía do Languedoc-Rosellón baseábase nun único factor esencial, o "sol", ao servizo de dous sectores vitais: o turismo e a agricultura.

NotasEditar

  1. Véxase a entrada de «Perpiñán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1618. ISBN 9788482893600. 
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417. 
  3. Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, 2012.
  4. "Loi n° 2015-29 du 16 janvier 2015 relative à la délimitation des régions, aux élections régionales et départementales et modifiant le calendrier électoral" (en francés). 16 de xaneiro de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar