L'Escala

Coordenadas: 42°7′37″N 3°8′6″L / 42.12694, -3.13500

L'Escala é un municipio da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España. Está situado na metade norte da Costa Brava e nela atópanse as ruínas da cidade grecorromana de Empúries.

L'Escala
Bandera de l'Escala.svg
Escut de l'Escala.svg
Localización
Localització de l'Escala respecte de l'Alt Empordà.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaXirona
ComarcaAlt Empordà
Xeografía
Altitude14 msnm
Superficie16,41 km²
Demografía
Poboación10.513 hab. (2013)
Densidade640,65 hab/km²
XentilicioEscalenc, escalenca
Outros datos
Código postal17130
AlcaldeEstanis Puig i Artigas (PSC)
lescala-empuries.com

XeografíaEditar

A vila de l'Escala está situada ao sur do Golfo de Roses, entre a antiga garganta do río Fluvià e Cala Montgó. Limita ao sur co municipio de Torroella de Montgrí.

O núcleo antigo de l'Escala está entre o mar Mediterráneo e un conxunto de outeiros das últimas estribacións do norte do macizo do Montgrí.

Xeolóxicamente o terreo é eminentemente calcario, con restos de limos e arxilas máis superficiais.

DemografíaEditar

As entidades de poboación do municipio son: L'Escala, Cinc Claus, Les Corts e Sant Martí d'Empúries.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
2.515 2.462 2.475 3.117 4.048 6.285 10.387

EconomíaEditar

 
Praia de l'Escala

Inicialmente, a economía da vila baseábase na pesca. A praia de l'Escala utilizábase como porto e a vida de todos os habitantes xiraba arredor da pesca. Máis modernamente construíuse un porto pesqueiro e deportivo na zona de Riells. Actualmente, a economía baséase no turismo, como se pode comprobar pola gran cantidade de casas de veraneo e hoteis. Aprovéitanse a fondo as paisaxes naturais da vila e as ruínas de Empúries.

O produto máis característico de l'Escala son as anchoas con Denominación de Orixe. É tal a popularidade deste peixe que moitas tendas da vila dedícanse exclusivamente á súa venda.

Lugares de intereseEditar

NotasEditar

  1. El Punt Un edifici històric del segle XVII 30/10/2010. Consulta 30/10/2010

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar