Portbou
Portbou é un municipio do nordés de Cataluña, o máis setentrional da costa do mar Mediterráneo. Pertence á provincia de Xirona e á comarca do Alt Empordà. É o municipio máis oriental que limita con Francia, concretamente con Cerbère. Contaba en 2009 cunha poboación de 1.325 habitantes segundo o INE.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||
Comarca | Alt Empordà | ||||
Capital | Portbou (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.066 (2023) (115,87 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 9,2 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 28 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Gael Rodríguez Garrido (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17497 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 17138 | ||||
Código territorial IDESCAT | 171387 | ||||
Páxina web | portbou.cat |
Portbou é de terreo bastante accidentado e pola súa situación, cara ao golfo de León, sofre fortes ventos de tramontana. Na parte central do seu termo municipal está a cala de Portbou, onde se atopa a maior parte da súa poboación.
Historia
editarDesde 1659 converteuse en zona fronteiriza entre España e Francia. No ano 1872 inaugurouse a liña férrea, cunha estación internacional. A nova estación foi edificada no ano 1929, e ten unha gran marquesiña de ferro e cristal, seguindo a traxectoria das obras de Joan Torras i Guardiola de Sant Andreu de Palomar.
Ata o ano 1934 formaba parte do municipio de Colera. En 1940 tivo lugar a última batalla da Guerra civil española moi preto da vila. O 27 de setembro do mesmo ano falecía no Hotel Francia de Portbou o filósofo e historiador de arte alemá Walter Benjamin, de xeito non esclarecido. Existe un monumento conmemorativo na localidade obra do artista Dani Karavan que, utilizando formas abstractas e en íntima relación coa áspera natureza do Pireneo xerundense, insire na paisaxe un símbolo que permite achegarse á situación de ameaza existencial vivida polos emigrantes no século XX.
Turismo
editarCando os primeiros turistas do norte de Europa chegaban a España, a finais da década de 1950, a primeira localidade máis aló dos Pireneos que se atopaban era a poboación fronteiriza de Portbou. Os que atravesaban a fronteira francesa en coche quedaban impresionados pola sinuosa estrada que percorre esta abrupta costa. Con todo Portbou debe parte da súa popularidade á súa estación de tren, clave para as comunicacións entre España e o resto de Europa. O tempo de espera que se producía a causa do cambio de ancho de vía entre os dous países permitía a moitos pasaxeiros pasear por esta localidade, atopándose unha poboación de gran beleza natural.
Ao longo do paseo da praia, as cafeterías, os restaurantes e os chiringuitos, atraen a unha gran cantidade de turistas durante o día. A situación especial da vila baséase na súa localización nun val, que freou a construción excesiva. Así, Portbou segue pequeno e rodeado de natureza.
A praia grande, fronte ao porto deportivo permanece tranquila durante todo o ano ata durante a tempada alta, durante xullo e agosto. Na praia pódense ver os barcos clásicos, normalmente llaguts cataláns, antigamente utilizados para a pesca, que na actualidade saen de paseo tripulados polos veraneantes.
Lugares de interese
editar- Igrexa de Santa María de Portbou.
- Praias: platja gran, les tres platgetes, platja del Pi, platja de les Fresses e platja del Claper.
- Dolmen do Coll de la Farella.
- Casa Herrero.
- Monumento a Walter Benjamin.
- Mercado municipal.
- Encoro.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portbou |