Empúries (en grego antigo: Ἐμπόριον, transcrito Emporion, "comercio"; en latín: Emporiae) foi unha antiga colonia grega e romana situada no extremo sur do golfo de Roses, no actual concello de L'Escala, na provincia de Xirona. Estaba situada ao sur da localidade de Sant Martí d'Empúries, que conserva o seu nome.

Modelo:Xeografía políticaEmpúries
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°08′05″N 3°07′14″L / 42.1347, 3.1206Coordenadas: 42°08′05″N 3°07′14″L / 42.1347, 3.1206
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Ámbito funcional territorialComarques Gironines
ComarcaAlt Empordà
MunicipioL'Escala Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie250.000 m² Editar o valor em Wikidata
Creación575 a. C. Editar o valor em Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data20 de decembro de 2002
Identificador1051
Ben de interese cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-55-0000023
Ben Cultural de Interese Nacional
TipoZona Arqueológica
Data3 de xuño de 1931
Codi BCIN2027-ZA Editar o valor em Wikidata
Codi BICRI-55-0000023 Editar o valor em Wikidata
Id. IPAPC4518 Editar o valor em Wikidata

Basílica paleocristiana que data dos séculos IV e VII dC.

Esténdese dende a antiga foz do río Fluvià (El Riuet) ata preto do antigo brazo do río Ter, que desembocaba ao norte da vila de l'Escala, na praia do Rec del Molí. O espazo é unha das sedes do Museo de Arqueoloxía de Cataluña e a escavación arqueolóxica de máis duración de Cataluña. No recinto atópase o antigo convento de Santa Maria de Gràcia d'Empúries, practicamente reconstruído durante a década de 1910, onde se atopa o Museo Monográfico de Empúries.

Historia editar

Modelo:A.P.

 
Moedas de Emporiae, século V-I a.C.
 
Mapa das Ruïnes d'Empúries.
 
Kalyx krater grego atopado en Empúries

Empúries fundouse nunha pequena illa na desembocadura do río Fluvià, nunha rexión habitada polos Indigetes (na actualidade, a desembocadura do Fluvià está a uns 6 km ao norte). Esta cidade pasou a ser coñecida como Palaiápolis, a "cidade vella" cando, cara ao 550 a.C., os habitantes trasladáronse ao continente, creando a Neapolis, a "cidade nova".

Despois da conquista de Focea polo rei Persa Ciro II no 530 a.C., a poboación da nova cidade aumentou considerablemente grazas á afluencia de refuxiados. Ante a forte presión de Cartago, a cidade conseguiu manter o seu carácter helénico independente. Concluíronse acordos políticos e comerciais coa poboación indigeta asentada dende hai tempo na cidade próxima de Indika. Situada como estaba na ruta comercial costeira entre Massalia (Marsella) e Tartessos no extremo sur de Hispania, a cidade converteuse nun gran centro económico e comercial ademais de ser a colonia grega máis grande de España na Península Ibérica.

Durante as Guerras Púnicas, Empúries aliouse con Roma, e Publio Cornelio Escipión iniciou a conquista de Hispania desde esta cidade no 218 BC.

Despois da conquista de Hispania polos romanos, Empúries seguiu sendo unha [[cidade-estado] independente. Porén, na guerra civil entre Pompeio e Xulio César, optou por Pompeio, e tras a súa derrota desposuíselle da súa autonomía. Unha colonia de veteranos romanos, chamada Emporiae, estableceuse preto de Indika para controlar a rexión.

A partir dese momento Empúries comezou a decaer, escurecida polo poder de Tarraco (Tarragona) e Barcino (Barcelona). A finais do século III converteuse nunha das primeiras cidades de España en admitir evanxelistas cristiáns. Nese século, tamén, a cidade grega abandonouse mentres que a cidade romana sobreviviu como unha ceca e como sede maioritariamente cerimonial dun condado costeiro, Castelló d'Empúries,[1] ata as incursións dos viquingos de mediados do século IX. A acuñación de moeda comezou de novo baixo o conde Hugo II de Empúries (1078–1117).

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. índa que máis tarde se separaron, os condados francos de Empúries e Peralda foron sempre en poder dun só individuo, segundo Stephen P. Bensch, ("Lordship and coinage in Empúries," en The Experience of Power in Medieval Europe, Robert F. Berkhofer, Alan Cooper, Adam J. Kosto, eds. 73-, p. 74.