Sant Martí d'Empúries
Coordenadas: 42°08′21″N 03°07′07″L / 42.13917, -3.11861
Sant Martí d'Empúries é unha entidade de poboación do concello de L'Escala, na provincia de Xirona, en Cataluña.
Atópase xunto ás ruínas de Empúries. É de carácter medieval e entre os séculos IX e XI foi a capital do Condado de Empúries ata que en 1078 se trasladou a Castelló d'Empúries, lugar menos exposto aos ataques. O seu conxunto histórico está declarado ben cultural de interese nacional.
Tiña en 2011 unha poboación de 143 habitantes.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Martí d'Empúries |