Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

asociación profesional galega

Non confundir con Ácido graxo poliinsaturado.

Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
Tipoorganización
Campo de traballoilustración e deseño gráfico
Data de fundación2000
Presidente/aLaura Romero (-) Editar o valor em Wikidata
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
https://agpi.es
Facebook: AGPIlustra Twitter: _AGPI Instagram: agpilustracion Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) é unha asociación creada no ano 2000. Agrupa a ilustradores e ilustradoras de distintas xeracións e de todas as áreas da creación visual aplicada, como pode ser o deseño gráfico, a ilustración científica, a ilustración de libros etc. Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, organizan, colaborando coa Xunta de Galicia, o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Entre outros, foron protagonista deste día Reimundo Patiño, Lolita Díaz Baliño, María Antonia Dans ou Chichi Campos.[1][2]

Organización editar

Membresía editar

AGPI forma parte da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP) do Estado español, integrada, a data de 2023, polas asociacións de Cataluña, Galiza, Madrid, País Vasco e Valencia, e do European Illustrators Forum (EIF), que inclúe asociacións de ilustradores de toda Europa; á súa vez, a FADIP tamén é membro do EIF.[3]

Obxectivos editar

Segundo a súa páxina oficial[4] os seus obxectivos son a representación e defensa dos dereitos e intereses dos seus membros, a mellora das condicións laborais, legais e de contratación dos profesionais, facilitar formación e información para o desenvolvemento dos mesmos, acadar maior proxección e recoñecemento sociocultural para a ilustración, e a colaboración con outras asociacións, con órganos de goberno e institucións da industria cultural. Para iso achegan orientación profesional e laboral, asesoría xurídica, directorios, informes etc, e organizan diversos cursos e conferencias.

Xunta directiva editar

A data de 2023, formaban parte da súa directiva, entre outros, Laura Romero, Augusto Metztli, Álvaro Sempere e Iria Ribadomar.

Notas editar

  1. "Día da Ilustración 2022 ; Bibliotecas escolares". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-01-30. 
  2. "Día da ilustración?". Voz de Galicia. 2023-01-30. Consultado o 2023-01-30. 
  3. "Associations". EIF - European Illustrators Forum (en inglés). Consultado o 2023-01-30. 
  4. "Coñécenos". AGPI. Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar