María Antonia Dans
María Antonia Dans Boado, nada en Oza dos Ríos o 14 de abril de 1922[1] e finada o 17 de febreiro de 1988 en Madrid,[1][2] foi unha pintora galega.
Escultura de Antonio López no Museo Carlos Maside | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1922 Oza dos Ríos, España |
Morte | 17 de febreiro de 1988 (65 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | pintora |
Período de actividade | 1940 - 1988 |
Familia | |
Cónxuxe | Celso Collazo Lema |
Fillos | Rosalía Dans |
Descrito pola fonte | Allgemeines Künstlerlexikon (pt) , (p.vol. 24 (2000), p. 202) >>>:Dans, Maria Antonia; Dans, M. Antonia; Dans, María Antonia; Dans Boado, María Antonia; Dans Boada, Maria Antonia; geboren op 8 april 1924 of 8 april 1927 |
Traxectoria
editarIniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios da Coruña (hoxe Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso), da man de Lolita Díaz Baliño.[1] A principios dos cincuenta, tras o seu casamento, trasládase a Madrid onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando.
Comezou a expor en 1950 na Coruña; en Madrid fíxoo por primeira vez en 1953. Desde entón a súa obra percorreu toda España e numerosos países estranxeiros xa que a invitou o Goberno español a importantes mostras colectivas, especialmente a París, onde se lle concedeu a medalla da vila, e no museo de Arte Contemporánea obtivo esa máxima distinción.
Tamén acudiu ao premio da Fundación March, obtivo bolsas de viaxe dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Educación Nacional, así como premios e medallas das Deputacións e Concellos de Córdoba, Badaxoz, Alacant etc.
A súa obra esténdese por numerosos paradores de turismo e máis edificios oficiais e públicos. Está representada no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, en todos os de Galiza e nun bo número de provincias de España. A pintura de María Antonia Dans, ás veces cualificada de "naíf" é, en realidade, un neoexpresionismo de raíz deliberadamente inxenuista, emparentado cos modos de bordado popular. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo e o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.
O Día da Ilustración do ano 2023, celebrado o 30 de xaneiro, foi dedicado a María Antonia Dans[3].
O Concello de Curtis inaugurou o 13 de marzo de 2024 a Casa Museo María Antonia Dans.[4]
Vida persoal
editarCasou co xornalista Celso Collazo Lema en Madrid en 1952. É nai da actriz Rosalía Dans.
Foi irmá de Lourdes, muller de Xusto Moreda, ambos pintores.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sobrino Manzanares.
- ↑ "Fallece la pintora gallega María Antonia Dans". El País (en castelán). 17 de febreiro de 1988..
- ↑ David Pintor: "¿Día da Ilustración?", en La Voz de Galicia, 30 de xaneiro de 2023, páx. 23.
- ↑ "A Casa Museo de María Antonia Dans inaugúrase oficialmente en Curtis". Nós Diario. 13 de marzo de 2024. Consultado o 2024-03-18.
- ↑ Necrolóxica do primeiro aniversario do pasamento de Lourdes Dans Boado de Moreda Pérez, en La Voz de Galicia de 14 de maio de 1975
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Areán, Carlos-Antonio (1964): Joven figuración en España. Madrid, Publicaciones Españolas.
- Bustamante, Juby (1974): Mª Antonia Dans. Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia.
- Campoy, A. M. (1973): Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic.
- Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia.
- Gaya Nuño, J. A. (1970): La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic..
- Mon, Fernando (1987): Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia.
- Moreno Galván, Jose María (1960): Introducción a la pintura española actual. Madrid, Publicaciones españolas.
- Pablos, Francisco (1981): Plástica galega. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
- Pablos, Francisco (1992): Colección Adriano Marques de Magallanes. Vigo, Concello de Vigo.