María Luisa Sobrino

historiadora da arte galega

María Luisa Sobrino Manzanares Villanueva Correa,[2] nada en Vigo o 29 de xullo de 1943,[3] é unha historiadora da arte galega, especialista en arte galega contemporánea,[4] residente en Santiago de Compostela.

María Luisa Sobrino Manzanares
Nacemento29 de xullo de 1943 (78 anos) [1]
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriadora da arte
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutorouse coa tese Cuatro pintores gallegos contemporáneos: Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto y Laxeiro (1973), cualificada con sobresaínte cum laude.[5]

Foi profesora na facultade de ciencias da información da Universidade Complutense de Madrid e catedrática de arte contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela,[2] onde dirixiu Quintana, publicación do departamento de historia da arte.[6]

Sobrino foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento,[1] do Consello da Cultura Galega[7] e do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.[8]

ObraEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar