Museo de Arte Contemporánea de Madrid

O Museo de Arte Contemporánea de Madrid, chamado anteriormente Museo Municipal de Arte Contemporánea, encóntrase no distrito Centro de Madrid, na rúa Conde Duque.

Museo de Arte Contemporánea
Ben de Interese Cultural (1976)
Fachada sueste
do Cuartel do Conde-Duque de Madrid
Coordenadas40°25′39″N 3°42′38″L / 40.42750, -3.71056
PaísEspaña España
CidadeComunidade de Madrid Madrid
Construción1717-1736
InauguraciónNovembro de 2001
Na rede
http://www.madrid.es/portales/munimadrid/es/Inicio/museoartecontemporaneo/
editar datos en Wikidata ]

Situado nas instalacións do edificio do Cuartel do Conde-Duque, construído polo arquitecto Pedro de Ribera en estilo barroco.

O museo, inaugurado en novembro de 2001, permaneceu pechado desde 2010 até o 3 de febreiro de 2015, cando se abriron ao público dúas das súas salas.

É un museo municipal público de arte contemporánea que alberga pinturas e esculturas de coleccións de vanguardas históricas, realismos, nova figuración e abstracción dos 1980, mestres da abstracción e da escola de Madrid.

Inauguración editar

O Museo de Arte Contemporánea inaugurouse en novembro de 2001 con dous obxectivos fundamentais: a creación dun foro permanente no contexto dun centro como o de Conde Duque, aberto a un intenso programa cultural e de exposicións, e como complemento dos outros museos e coleccións de arte contemporánea de Madrid.

Ao igual que outros museos de arte contemporánea, tanto nacionais como estranxeiros, o Museo de Arte Contemporánea utilizou un edificio histórico para albergar a súa colección de arte contemporánea, neste caso do Concello de Madrid. O museo é ademais parte dun programa permanente de actualización para adaptalo ao seu uso con fins culturais. Presenta as obras de arte que o Concello foi adquirindo desde 1980, ano no que comezou a colección. O museo consta de dous andares cuns 22 000 metros cadrados. Este espazo exhibe cerca de 200 obras de máis de 175 artistas de diferentes épocas e movementos artísticos da arte española, desde as vanguardas históricas até a actualidade, a través da súa colección de pintura, escultura, fotografía, obra gráfica e instalacións.

O museo èchopuse para a súa renovación en abril de 2010. A reapertura estaba planexada para outubro de 2011, pero actualmente continúa pechado, probabelmente por motivos económicos,[1] a excepción de dúas das súas salas. O 3 de febreiro de 2015 abríronse ao público estas dúa salas, onde se mostra parte da colección.

Ben de interese cultural editar

O edificio foi declarado Ben de Interese Cultural de España en 1976.

Notas editar

  1. Pérez, Antonio (5 de xuño de 2012): "Silencio en torno al cierre del Museo de Arte Contemporáneo de Madrid". elDiario.es. Somos Malasaña. Consultado o 19 de agosto de 2022.

Véxase tamén editar