Celso Collazo Lema

escritor e xornalista galego

Celso Collazo Lema, nado en Vimianzo o 15 de novembro de 1921 e finado en Guadalix de la Sierra o 4 de xullo de 2014, foi un xornalista e escritor galego.

Celso Collazo Lema
Nacemento15 de novembro de 1921
Lugar de nacementoVimianzo
Falecemento4 de xullo de 2014
Lugar de falecementoGuadalix de la Sierra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
PaiCelso Collazo Álvarez
CónxuxeMaría Antonia Dans
FillosRosalía Dans
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Celso Collazo Álvarez, colaborador de Castelao, que foi paseado en Ponteareas en 1936. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Trasladado a Compostela, iniciouse como xornalista en La Noche, Manuel Blanco Tobío ofreceulle un emprego en Madrid na Dirección General de Prensa en 1951. Alí comezou a súa carreira xornalistica. Ao ano seguinte casou coa pintora María Antonia Dans. En 1957 foi enviado especial en Londres do diario Pueblo e foi o primeiro delegado da Axencia Efe en Moscova, Nova York e Londres. Colaborou na fundación da editorial SEPT. Escribiu traballos de crítica literaria e investigou sobre as obras de Lamas Carvajal, Curros Enríquez e outros escritores galegos. Publicou na revista Ínsula o artigo "El argot en la novela" e cultivou a poesía, recibindo un premio polo poema "Cantigas ao mar do Ferrol" nos Juegos Florales de la Marina.[1]

Obras editar

  • A Virxe do Cristal.
  • Ensaio crítico.
  • A Bretaña de Renán.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar