Rosalía Dans

poeta, pintora e actriz galega

Rosalía Collazo Dans, nada na Coruña o 1 de xullo de 1955 e finada en Madrid o 18 de marzo de 2024,[1] foi unha actriz, poeta e pintora galega, coñecida artisticamente como Rosalía Dans.

Infotaula de personaRosalía Dans
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1955 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de marzo de 2024 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, pintura e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , actriz , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisCelso Collazo Lema Editar o valor em Wikidata  e María Antonia Dans Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0200506 Editar o valor em Wikidata
Estudio de pintura de Rosalía Dans na casa da súa nai en Curtis.

Traxectoria editar

Foi filla da pintora María Antonia Dans[2] e do escritor Celso Collazo Lema. Iniciouse no audiovisual na serie de Televisión Española Los gozos y las sombras, onde interpretou a Rosario la Galana.[3] Posteriormente apareceu noutras series de televisión como Goya (1985), Las aventuras de Pepe Carvalho (1986) ou Lorca, muerte de un poeta (1987). Participou en varios filmes, como Amanece, que no es poco (José Luis Cuerda, 1989), La gran comedia (Juan Pinzás, 1986), Galego (Manuel Octavio Gómez, 1988) ou La seducción del caos (Basilio Martín Patino, 1990), que foi o seu último filme.

Foi portada das revistas Fotogramas en novembro de 1975 e Interviú en setembro de 1982, unha revista que adoitaba levar modelos espidas ás súas páxinas (o que tivo un importante eco no tempo)[4].

Como pintora fixo a súa primeira exposición en 1986, e a partir da década dos noventa dedicou a súa produción artística ás artes plásticas e á poesía.

Obra bibliográfica editar

  • La amatista (poesía; Ópera Prima, 2009)[5]
  • El testamento (poesía; Ópera Prima, 2015)
  • Zen (poesía; Ópera Prima, 2016)
  • Trilogía: La amatista, El testamento, Zen (poesía; Ediciones Libertarias, 2019)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar