Xavier Queipo

biólogo e escritor galego

Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego.[1]

Infotaula de personaXavier Queipo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalBioloxía, Medicina e Cirurxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
Pseudónimo literarioXavier Queipo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Bitraga: 788 AELG: 110 Dialnet: 747499

Traxectoria editar

Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 viviu e traballou en Bruxelas ata a súa xubilación.[2] Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras, no semanario A Nosa Terra, e na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa. Desde xaneiro de 2020 mantén unha colaboración semanal no único diario editado en papel na Galiza, Nós Diario.

É membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007.[3] Foi membro da Comisión de Exterior do Consello da Cultura galega até a súa disolución en 2019. Membro da Asociación de Escritor@s en Lingua galega e dos PEN Clubs de Galiza e Flandres. Membro do ‘Collectif des poètes de Bruxelles’ e do Brussels Writers Circle.[4]

Obra editar

Narrativa editar

Poesía editar

Literatura infanto-xuvenil editar

  • O espello e o dragón (2005). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Maite Ramos. 59 páxs. ISBN 9788497822763.
  • Saladina (2007). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 100 páxs. ISBN 978-84-9865-024-2.
  • A illa dos cangrexos violinistas (2009). Pontevedra: Oqo Editora. Traducido ao castelán como La isla de los cangrejos violinistas (2009, Oqo), ao francés como L’île aux crabes violonistes (2011, Oqo), ao portugués como A ilha dos caranguejos violinistas (2011, Oqo), e ao italiano como L’isole dei granchi violinisti (2011, Logos).

Ensaio editar

  • Olladas oceánicas na arte contemporánea (2003).
  • Caderno da Revolución Cultural (2007). Santiago: Laiovento. 132 páxs. ISBN 978-84-8487-122-3. Reúne as súas colaboracións no programa Diario Cultural da Radio Galega ao longo dun ano.
  • Felices e diferentes (2009). Santiago: Laiovento. 214 páxs. ISBN 9788484871620. Reúne as súas colaboracións entre outubro de 2006 e outubro de 2008 no programa Diario Cultural que Ana Romaní dirixiu na Radio Galega.
  • Contornos. Apuntes de filosofía natural (1995). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-75078939. Traducido ao francés como Chroniques animalières, notes de philosophie naturelle (2011, Les Hauts-Fonds éditions, Brest). Microensaios.
  • Cartas marcadas (2010). Vigo: Galaxia, Illa Nova. 192 páxs. ISBN 978-84-9865-269-7. Textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega.

Traducións editar

Obras colectivas editar

  • O xardín das ideas circulares, en Berra liberdade (1996, Galaxia).
  • Nove metraxes, en Narradores de cine (1996, Xerais).
  • A casa da tinta, en Unha liña no ceo (1996, Xerais).
  • Poesía no autobús, en Mini-relatos (1999, Libraría Cartabón).
  • A illa dos lemures en Materia prima (2002, Xerais).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG).
  • Poetas e narradores nas súas voces (Vol. II) (2006, Consello da Cultura Galega).
  • 20 Gedichte aus Galicien (2007, Espiral Maior e Xunta de Galicia).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand).
  • Onde o mundo se chama Terranova (2008, Museo do Mar de Galicia).
  • Poetes gallecs d'avui: antologia (2008, Llibres del Segle, Xirona).
  • Entremiradas II Galicia-Cuba (2009, Xunta de Galicia).
  • De europese grondwet in verzen (2009, Passaporta, Bruxelas e Antuerpen). Hai traducións ao francés, La constitution européenne en vers, e ao inglés, The European Constitution in verse, as dúas en 2009, Passaporta. Finalista do Prix du Livre Européenne 2009.
  • Hotel Vermar (2009). Antoloxía bilingüe portugués-alemán.
  • Breogan’s lighthouse, a bilingual anthology of Galician Literature (2010, Francis Boutle Publishers). Edición bilingüe galego-inglés.
  • Verdades de plastilina (2010, Xunta de Galicia, colección Lagarto Pintado).
  • Hurray for delay! (2011, Brussels poetry collective e Passaporta, Bruxelas).
  • Poetas d’Orfeu (2011, Orfeu, Bruxelas).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017, Alvarellos).

Performances editar

  • Unha noite con Carpentier, textos de Alejo Carpentier e Xavier Queipo e música de dj MisterChoco Xavier (2000, Pontevedra e 2004, Vigo).
  • Zennescènes, organizado por het beschrij e Entrez Lire. Textos de Xavier Deutsch, Paul Boagaert, Xavier Queipo, Layla Nabulsi e Yves Petry, vídeo de Walter Verdin (2007, Libraría Passaporta, Bruxelas).
  • Maratón Kafka (2008, Libraría Passaporta, Bruxelas).
  • The European Constitution in verse, música coral Polyfollies, textos de varios autores (2009, Teatro Flagey, Bruxelas).
  • Maratón Hugo Claus (2009, Libraría Passaporta, Bruxelas).
  • Street Art Performance, Colectivo Río Lagares. Imaxes de Cé Tomé, textos de Xavier Queipo e música de dj MisterChoco (2009, Festival Intraliteratuur, Bruxelas).
  • La Constitution eureopéenne en vers, Brussels Poetry Collective (2010, Teatre Varia, Bruxelas).
  • The European Constitution in verse, teatro KVS, música coral Polyfollies, textos de varios autores (2010, Bruxelas).
  • The European Constitution in verse, dialogues, Brussels Poetry Collectif (2011, Theatre Royale de la Monnaie, Bruxelas).
  • Hurray for Delay!, Poesía no tren (2011, Festival Passaporta, Bruxelas).
  • O embigo do mundo, colectivo Río Lagares. Imaxes de Cé Tomé, textos de Xavier Queipo e música de dj MisterChoco (outubro de 2011, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, e Museo do Mar de Galicia, Vigo).

Colaboración con outros artistas editar

  • Álbum Esbirros, debuxos de Isaac Pérez Vicente e textos de Xavier Queipo (1994, Vigo).
  • Guión de Casa tomada, en colaboración con Carlos Santiago, para o conxunto de vídeos Hai que botalos (2005, Santiago).
  • Álbum de fotografía Seales: caso pechado, de Cé Tomé, con textos de Xavier Alcalá, Xabier P. DoCampo e Xavier Queipo, edición en galego e inglés (2008, Editorial Brinte, Santiago).
  • Textos para as instalacións de Eric Adam, Eric in a Fake Empire (2010, La Raffinerie, Bruxelas).
  • Letrista para o grupo Ialma, no seu disco Simbiose (2011, Bruxelas).

Premios editar

Notas editar

  1. "Francisco Xavier Vázquez Álvarez Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-27. 
  2. "Xavier Queipo, as novas editoriais galegas e a 'carta a Europa' de Chus Pato, no 'Sermos Galiza' deste sábado". Nós Diario. 2022-08-26. Consultado o 2022-08-27. 
  3. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  4. "Biografía" (PDF). www.xavierqueipo.gal. 
  5. "Árctico e outros mares". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  6. "Ártico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  7. "O paso do Noroeste". Aira Editorial. Consultado o 2022-08-27. 
  8. "Las aventuras del capitán Duchesnoy". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  9. "Bebendo o mar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  10. "Kite". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  11. "Os ciclos do bambú". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  12. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  13. "Dragona". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  14. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  15. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  16. "Los kowa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-09. 
  17. Forcadela, Manuel (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Das raíces do extravío". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 85–86. ISSN 0017-4181. 
  18. "Editorial Galaxia Algoritmos". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-25. 
  19. "Xavier Queipo busca no libro «Glosarios» novos campos para a literatura". La Voz de Galicia. 2005-10-10. Consultado o 2022-08-27. 
  20. "Xavier Queipo: "A poesía ten moito que ver cos biorritmos"". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-08-27. 
  21. "Editorial Galaxia Xavier Queipo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 2022-08-27. 
  22. "«Home invisible»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-29. Consultado o 2022-08-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar